INFORMACIÓN PLAN MADRUGA
PROGRAMA MADRUGA – CURSO ESCOLAR 2021/22 CEP SANTA MARIÑA - EEI A MARISMA
Finalidade: É un servizo complementario de carácter educativo e social que facilita a conciliación laboral e familiar.
Horario: O servizo do Programa Madruga comeza a súa actividade ás 7,45 horas e finaliza ás 9:00 horas, con horario de entrada flexible.
Servizos de atención ao neno/a:
- Fomentar a educación no tempo libre baixo os principios de actividade, xogo e creatividade.
- Velar pola seguridade dos/as nenos/as e regular a convivencia diaria.
- Establecer un bo ambiente e clima agradable e de confianza ante as diferentes necesidades do alumnado.
- Organizar e promover actividades combinando a actividade suave co descanso e a relaxación.
- O persoal do Programa velará porque ás 9:00 h o alumnado de primaria se incorpore ás filas de entrada de cada nivel ou curso e acompañamento do alumnado de infantil ás aulas.
Modalidades de utilización do Programa de maneira esporádica:
Uso regular do servizo mediante inscrición: tódolos días de luns a venres ou varios días á semana según necesidades.
Uso esporádico do servizo: non é necesaria inscrición previa, poderan solicitalo telefonicamente con un día de antelación como mínimo en horario de 9:00h a 14:00h, nos números de teléfono: 986 86 45 98 Oficina ou 685 535 202 Cristina, efectuando o pago en man ó/á monitor/a no mesmo día con acuse de recibo.
Normas de Funcionamento:
- As inscricións que se realicen para o comezo do curso escolar 2020/21 deberán presentarse mediante solicitude cuberta por correo electrónico a madruga@anias.es
- As inscricións que se realicen durante o curso escolar así como as baixas ou modificacións do servizo deberanse cumprimentar e entregar ata o día 20 do mes anterior, solicitando o formulario correspondente ó/á monitor/a do programa ou no correo electrónico anteriormente mencionado.
- A forma de pago para os usuarios con ficha de inscrición fárase por domiciliación bancaria os primeiros días de cada mes.
- Descontos: aplicarase un 10% de desconto na cota mensual a aquelas familias con dous ou máis fillos que fagan uso do servizo a partir do segundo irmán/á.
- Non se descontarán os días de non asistencia do/da neno/a se non é con xustificante médico de baixa de cinco días ou máis xa que o custe do servizo é o mesmo haxa ou non asistencia.
- En caso de devolución de recibos, sumarase 1,15€ por cada un deles polo cargo do banco de gasto de devolución.
- No caso de dous recibos consecutivos devoltos darase de baixa automaticamente no programa ó/á menor, Non puidendo asistir novamente ata o pago da cota correspondente.
Levarase a cabo protocolo de medidas organizativas e hixiénico - sanitarias para a adecuación do programa Madruga ao contexto de prevención fronte á COVID-19.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Formulario Inscricion Santa Mariña 2020-21.pdf | 335.07 KB |