LETRA CANCIÓN "LECTURA NA RÚA"
COLLE O TEU LIBRO!
EN REDONDELA ESTAMOS DE CELEBRACIÓN
PORQUE A LECTURA MOLA UN MONTÓN
E A NOSA VILA IMOS CONQUISTAR
PORQUE AS PALABRAS NOS FARÁN GAÑAR.
VEN LER, VEN LER, VEN LER CON NÓS
ACHÉGATE E XA VERÁS
NOVOS MUNDOS TES POR DESCUBRIR
COLLE O TEU LIBRO! (BIS)
É O MELLOR MESTRE QUE TI PODES TER
EL AXUDARACHE SEMPRE A APRENDER
CASTELÁN, GALEGO, FRANCÉS OU INGLÉS
CALQUERA IDIOMA É BO “PRA” LER.
É O MELLOR AMIGO QUE PODES FACER
EL DARACHE MOITOS MOMENTOS DE LECER
SERES MÁXICOS QUE TE ACOMPAÑARÁN
LEVA SEMPRE UN Á MAN.
VEN LER, VEN LER, VEN LER CON NÓS
ACHÉGATE E XA VERÁS
NOVOS MUNDOS TES POR DESCUBRIR
COLLE O TEU LIBRO! (BIS)
SOAMENTE CHE FALTA UN LIBRO
SOAMENTE CHE FALTA UN LIBRO
ESE LIBRO QUE TE FARÁ FELIZ
QUÉDATE CONNOSCO! (BIS)
PROCESO DE RESERVA E ADMISIÓN
CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023/24
-
Reserva de praza Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.
-
Publicación da listaxe definitiva do alumnado con posto reservado 22 de febreiro.
-
Publicación vacantes antes do 1 de marzo.
-
Presentación solicitude admisión Do 1 ao 20 de marzo.
-
Presentación documentación xustificativa en caso de baremar 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
-
Publicación das listaxes provisionais de admitidos en non admitidos 25 de abril.
-
Prazo de reclamación 5 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación das listaxes.
-
Publicación das listaxes definitivas o 15 de maio.
-
Prazo de reclamación Contra esta relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o Xefe Territorial, no prazo dun mes contando a partir do día seguinte ao da súa publicación.
-
Centro adscrito EEI A Marisma
-
Centro de adscrición IES Illa de San Simón
-
Formalización de matrícula en EI e EP Do 20 ao 30 de xuño
-
Formalización de matrícula en ESO e BA Do 23 de xuño ao 7 de xullo
Para os efectos de cumprir os trámites do procedemento de admisión e formalización da matrícula do alumnado, cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.
Podedes consultar máis información premendo neste enlace.
CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS REPRESENTANTES DE NAIS/PAIS/TITORES LEGAIS
Podedes consultar a información sobre a convocatoria de eleccións para representantes do sector nais/pais/titores legais ao Consello Escolar no seguinte enlace:
CURTA DE MEDO "CAPTURAS"
A continuación amosamos unha das curtas participantes que non están (de momento) co resto dos vídeos de medo.
Pedimos desculpas ao alumnado participante na mesma, pois non foi incluida coas demais por un despiste da organización.
INAUGURACIÓN BIBLIOTECA DO CEP SANTA MARIÑA
O pasado venres 21 inauguramos a biblio do noso cole. Os nenos e nenas xa poden desfrutar dela na hora do recreo e no día asignado para cada curso.
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
CALENDARIO DO PROCESO ELECTORAL AO CONSELLO ESCOLAR
A Xunta Electoral encargada da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar (renovación parcial), convocada pola resolución do 19 de setembro de 2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, en reunión do 7 de novembro de 2022, decidiu establecer o seguinte calendario electoral:
10 de NOVEMBRO |
Publicación dos censos electorais e convocatorias das eleccións |
Do 10 ao 17 de NOVEMBRO |
Período de reclamacións ao censo |
Do 11 ao 18 de NOVEMBRO |
Ata ás 14 horas do día 18: Presentación de candidaturas (Recoller impreso en secretaría) |
21 de NOVEMBRO |
Proclamación de candidaturas pola Xunta Electoral
|
Elección, por sorteo público, da mesa electoral de pais/nais (4 titulares e 4 suplentes) |
|
22 e 23 de NOVEMBRO |
Prazo de reclamacións á proclamación de candidaturas |
29 de NOVEMBRO |
Votacións para elixir ás/aos representantes do profesorado, PAS e de pais/nais (dende as 12.45 ata as 18.15 horas). |
1 de DECEMBRO |
Publicación das/os candidatas/os electas/os dos diversos sectores |
Os representantes que hai que elixir por cada sector por cada sector da comunidade educativa son:
● PROFESORADO..........................................................................2
● PAIS/NAIS..................................................................................2
● PAS............................................................................................1
* As persoas elixidas para ocupar estas vacantes formarán parte do Consello Escolar dende o ano 2022 ata o 2026.
* A ANPA, segundo estipula a lei, nomeará directamente outra/o representante dos pais e nais no Consello Escolar.
* Ademais das vacantes anteriores, hai que substituír unha no sector profesorado e outra no de nais/ pais, que quedan desertas da renovación parcial anterior, que serán cubertas coa terceira candidatura con máis votos e que formarán parte do Consello Escolar dende o 2022 ata o 2024
SORTEO XUNTA ELECTORAL
Día 28 de ourubro, ás 11.30, designaranse, mediante un sorteo público que terá lugar no colexio, os compoñentes da Xunta Electoral para as eleccións de membros dos consellos escolares de centros sostidos con fondos públicos.
Podedes consultar a información no seguinte enlace
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »