23 de Abril - Día do Libro 2018
Como cada 23 de abril no Ramón de Artaza conmemoramos o día do libro. Hoxe, para celebralo, sacamos a biblioteca ao patio. En días anteriores, os maiores encargáronse de escoller e preparar as lecturas para lerllas hoxe aos máis pequenos/as que, emocionados, atendían ás historias que lles contaban os "grandes" nos recantos máis fresquiños do patio.
Dende a biblio queremos desexarvos Feliz Día e Felices Lecturas!!