Hoxe, 7 de xuño, tivemos un encontro con Mª Canosa na nosa biblioteca. Estabamos emocionados/as. Os nenos/as de 4º e 5º lemos na clase dous dos seus últimos títulos “A Cazadora de Estrelas” e “Muriel” este último gañador do Premio Merlín 2017. Tiñamos tanta ilusión por coñecela, tantas preguntas que facerlle e tanto libro por asinar que case non a deixamos sair do noso cole. Díxonos que escribía as súas historias pensando en nós e que como llo pedimos os lectores/as igual vai pensando nunha segunda parte de Muriel, xa nos tarda poder lela!!
Na biblio queda unha exposición con outros outros títulos da autora que vos animamos a ler:
-
A pedra de Seixo, Sotelo Branco.
-
Leo era un león. Ir indo.
-
Acuario. Edicións Embora.
-
Xiana, a nena pirata. Everest.
-
Druídas. Embora.
-
O día que choveu do revés. Xerais.
-
O libro dos medos. Bolanda.
-
Rabicundo. Xerais….
FELICES LECTURAS!!!!