Galería do CEP Xosé Neira Vilas

Galería de imaxes


Plantación_2011_A_008.jpg
Camiño do Curro Vello.41 vistasO alumnado e profesorado do 2º e 3º ciclo inician a andaina cara ao Curro Vello co propósito de contribuír a preservar a natureza.
Plantación_2011_A_010.jpg
Xa case chegamos.42 vistasAtaviados con roupa deportiva e cómoda achegámonos ao noso destino. Imos moi contentos, pois encántanos participar neste tipo de actividades.
Plantación_2011_A_016.jpg
As árbores están listas.40 vistasNa área forestal do Curro Vello xa nos estaban a agardar as árbores, ben colocadiñas nos seus recipientes. Puidemos comprobar que todas estas plantas eran autóctonas, desde carballos, piñeiros e castiñeiros ata pradairos e érbedos.
Plantación_2011_A_017.jpg
Unha boa clase práctica.39 vistasUnha das monitoras encargada do grupo, deunos unhas precisas instrucións antes de comezar o traballo. Aprendemos moitas cousas sobre as árbores, o xeito de plantalos, coidalos e respectalos para poder gozar deles moito tempo.
Plantación_2011_A_019.jpg
Comeza o traballo.37 vistasObservade que maña ten esta parella, xa están preparados coas ferramentas necesarias para levar a cabo a plantación.
Plantación_2011_A_021.jpg
Ben feito!43 vistasUn grupo de nenos e nenas do 2º ciclo traballa en equipo para conseguir que a súa árbore medre ben dereitiña.
Plantación_2011_A_024.jpg
Organizando o traballo.41 vistasEste grupo comeza facendo o buraco onde colocará a súa árbore.
Plantación_2011_A_030.jpg
Inspeccionando o chan.42 vistasAlgúns nenos e nenas comproban cal é o lugar idóneo para plantar as súas árbores.
Plantación_2011_A_033.jpg
Mans á obra.40 vistasEstes rapaces e rapazas xa introduciron a raíz da súa planta no chan. Agora cobren de terra a superficie para que quede ben fixado.
Plantación_2011_A_040.jpg
Auga vai!!!36 vistasXa só nos queda abonalos e regalos. Axudados por un profesor do colexio, realizamos a tarefa.
Plantación_2011_A_042.jpg
Natureza e arte.38 vistasO alumnado máis creativo decidiu facer unha composición digna de admirar!
Plantación_2011_A_043.jpg
Que preciosidade.38 vistasHai algo máis marabilloso que a natureza?. Vede esta árbore futura fonte de sombra e aire puro, non merecerá a pena coidala?. Os nosos nenos e nenas non dubidarán en facelo.
20 ficheiros en 2 páxina(s) 1