Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

PROCESO DE ADMISIÓN

Informamos que o prazo para realizar as solicitudes de ADMISIÓN (alumnado de nova incorporación ao centro) para o vindeiro curso 24-25 abrangue dende o 1 de marzo ata o 20 de marzo.

  A solicitude de admisión Anexo II-ED550B  pode presentarse de 3 formas

 

1) Informáticamente na Aplicación AdmisionAlumnado e presentala asinada de xeito manual no centro.

 

2) Informáticamente na Aplicación AdmisionAlumnado e asinala en Sede Electrónica con certificado dixital.

 

3) Cubrir a solicitude Anexo II-ED550B manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

 

O seguinte Manual para as familias servirá de guía para poder cubrir o Anexo II:

 

Manual para as Familias.

 

Para máis información poden consultar o archivo premendo na imaxe.

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2024

Desde o Equipo de Dinamización de Lingua Galega, celebramos a conmemoración do Día de Rosalía, 23 de febreiro, cun Recital de poemas. 

A idea foi recompilar distintos poemas polo alumnado para despois lelos na clase e recitar, elixir un compañeiro, ou compañeira, para a posta en escena ou compartir o Recital todos  e todas xuntos.

Houbo moitas propostas diferentes pero a participación foi espectacular, tanto por parte do alumnado coma do profesorado, ademais de contar coa presenza dunha nai no noso acto , Tamara, que o fixo fantásticamente ben, o que agradecemos enormemente.

O resultado é, esta marabillosa presentación, no que así homenaxeamos á nosa autora máis universal. 

Admitidos no proceso de reserva de prazas

 

Todo o  alumnado procedente do CRA Antía Cal que fixo a súa reserva para 1º de E. P no noso centro foi admitido.

Lembrar formalizar a matrícula no mes de xuño (matriculación do 20-30 de xuño).

11 febreiro

O 22 de decembro de 2015, a Asemblea Xeral decidiu establecer un Día Internacional anual para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212.

O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra o 11 de febreiro, é implementado pola UNESCO e ONU-Mujeres, en colaboración con institucións e socios da sociedade civil que teñen como obxectivo promover ás mulleres e as nenas na ciencia. Este Día é unha oportunidade para promover o acceso e a participación plenos e equitativos na ciencia para mulleres e nenas.

Este ano tivemos con nós a Rosario Domínguez Petit (Mima), para falarnos e aprender con ela sobre as Ciencias Mariñas e das moitas mulleres científicas do mundo e de Galicia.

Moitas grazas Mima!!!!

ENTROIDO 2024

Esta semana celebramos o entroido coa temática  "Artes e Oficios" e, a pesares da chuvia, puidemos gozar dun tempo en compañía todos e todas xuntas: familias, profes e alumnado.

As 7 artes ( arquitectura, escultura, danza, literatura, música, pintura e o cine) a través dos oficios, algúns/as das súas  representantes, e os conxerses chegaron da man do 1º ciclo; os exploradores e exploradoras fixeron descubrir un 2º ciclo mergullado nas conquistas e nas viaxes e no 3º ciclo os oficios antigos achegáronnos un pouquiño máis aos nosos antepasados recentes.

As larpeiradas do entroido puxeron o toque doce da festa...Un día e un día! As merendas saudables hoxe saltámolas un pouquiño!

O alumnado de 6º preparounos unha sorpresa teatral con coplas para enxuiciar ao meco e a mequiña que non remataron nada ben. O lume fixo a súa presencia queimando con eles todas as culpas...se é que algunha había! 

Grazas por compartir!

 

                                                                                    PULSA NA IMAXE

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Preme na imaxe

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS DO 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO.

 

PARA O ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS. 

Ábrese o prazo para facer a reserva de praza para o vindeiro curso 2024-2025 para o alumnado que procede de centros adscritos. ( No noso caso teñen que facer a solicitude o alumnado que está en 6º curso para 1º ESO no IES Terra de Turonio).


O prazo comprende dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro


Os impresos serán entregados ao alumnado.


IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

MARTES, 20 de febreiro ás  16:15 H

Un ano máis dá comezo o proceso de admisión para o curso 2024-2025.

Por iso o martes, 20 de febreiro ás 16:15h celebramos esta xornada informativa e un percorrido polo centro para o alumnado procedente do CRA Antía Cal e alumnado doutras parroquias que soliciten o centro.

Esperámosvos! 

 

Se tedes calquera dúbida sobre o acceso, admisión ou queredes información xeral podedes chamar no horario de secretaría de de 12:50 h. a 13:40 h. de luns a venres. 

ENTROIDO

Entroido

A vindeira semana imos celebrar o entroido no cole de Neira Vilas. Deberemos obedecer os mandatos do meco ou mequiña e  mañá comezará a primeira orde.

Deixámosvos as ordes aquí e se enviarán tamén por abalar.

A festa será o vindeiro venres 9 a semana que vén publicaremos o programa.

Distribuir contenido


by Dr. Radut