Galería do CEP Xosé Neira Vilas

Galería de imaxes


Paz_2011_003.jpg
Xuntos pola paz.58 vistasNa entrada do colexio profesorado e alumnado distribuímonos para conmemorar o día da Paz que, coma todos os anos, celébrase o 30 de xaneiro por coincidir coa morte de Gandhi, líder espiritual e nacional da India.
Paz_2011_006.jpg
Imaxina: John Lennon en caricatura.49 vistasNon podedes negar que no cole hai bos/boas debuxantes e senón vede a caricatura deste activista pola paz realizada polos rapaces e rapazas maiores colmado de chapas con pequenas mensaxes de paz.
Paz_2011_009.jpg
Preparados para a celebración.70 vistasTodo o mundo preparado para escoitar as diferentes mensaxes de paz que os nenos e nenas do colexio estiveron traballando durante a semana.
Paz_2011_013.jpg
O Karaoke está a punto.64 vistasAs novas tecnoloxías permitirannos seguir o ritmo e visualizar na pantalla a imaxe, nunca esquecida, dunha das figuras máis representativas dos activistas pola paz.
Paz_2011_018.jpg
Mensaxes de Paz.59 vistasUnha das alumnas do primeiro curso transmite aos que alí estamos os desexos que ela e os seus compañeiros/as, queren conseguir para vivir nun mundo sen violencia.
Paz_2011_021.jpg
E ti..., como loitas pola paz?58 vistasOs diversos e coloridos carteis colocados na entrada do centro, deixan moi claro que todos os nenos e nenas desexan a paz e coñecen como levar a cabo accións para lograla.
Paz_2011_022.jpg
Así o queremos nós.57 vistasO mural dalgúns dos rapaces e rapazas máis pequenos está cheo de desexos de paz e así o simbolizan ao redor da pomba branca e da rama de oliveira, símbolos universais da paz.
Paz_2011_033.jpg
Paz Universal.54 vistasObservade este mural, non sería realmente marabillosos que se cumprira?. Non son só palabras, está nas nosas mans, non o dubidedes!
Paz_2011_035.jpg
Moitas voces pero un único propósito.79 vistasCo fin de cumprir un mesmo desexo, a paz no mundo, todos e todas ao unísono cantamos unha fermosa canción dun dos músicos e compositores ingleses de fama mundial.
Paz_2011_038.jpg
Imagina...57 vistasA canción coa que conmemoramos este ano o día da Paz, Imagine de John Lennon, converteuse nun himno para os movementos contra a violencia. Reflexionemos senón sería estupendo conseguir o que el pretendía: unha vida libre, tranquila e un mundo como un só.
Paz_2011_044.jpg
Símbolo da Paz.55 vistasNo noso centro o símbolo da paz adquiriu forma de oliveira e todos os anos a vemos medrar alimentándoa cos nosos desexos de paz.
Paz_2011_045.jpg
Adornos florais.52 vistasTodos/as xuntos agardamos con impaciencia para embelecer a oliveira. Quen serán os afortunados/as en colaborar a tal fin?
16 ficheiros en 2 páxina(s) 1