Skip to Content

Actividades Dinamización

Día de Rosalía

Hoxe 23 de febreiro, festexamos o día que naceu a nosa ilustre escritora galega Rosalía de Castro. En 6º B queixemos festexalo, recitando un fragmento da súa primeira obra ¨La hija del mar".

En liña co proxecto de centro relacionado cos faros e os  ecosistemas mariños Ecofaros , celebramos o día de Rosalía a través da súa primeira novela  La hija del mar escrita en castelán, que nós traducimos ao galego pequenos fragmentos que describen o mar galego. Posteriormente preparamos a súa lectura e fixemos gravacións para conmemorar esta data cun programa especial na nosa Radio Celio.

O alumnado de 2º elaborou un mural no que se recollen as derradeiras verbas de Rosalía.

“Abride a fiestra que preciso respirar,

 abride a fiestra que quero ver o mar...”

 

Meco luns

A NOSA BOUZA Nº22

Día de Rosalía de Castro

Festival

ENTROIDANDO NA REDE!

Non puideches connosco, Meco!

Nin a chuvia, nin as obras do pavillón, nin ese virus que nos mandaches conseguiron acabar coa nosa ilusión e creatividade!

Non houbo desfile pero si música e coreografías con todas as medidas de seguridade para celebrar este Entroido virtual que queremos compartir con toda a comunidade educativa.

E purgarás as túas falcatruadas no lume, Meco malvado! Arderás e as túas cinzas voarán polo mundo adiante ata o próximo Entroido.

Viva o Entroido! Festa rachada!!!

 

Mes da ciencia en galego 2020

O pasado mes de novembro foi dedicado a celebración do mes da ciencia, na que homenaxeamos ao investigador Ernesto Viéitez. 

 

Mes da ciencia en galego 2020

O mes de novembro de 2020 está adicado ao ciencia en galego. Ademais, este ano coincide co ano internacional da saúde.

Ambos eventos nos servirán para completar o noso proxecto sobre a horta: alimentación saudable, sostibilidade, reciclaxe e compostaxe...

Porén, os noso alumnado se converterá en pequenas investigadoras e investigadores que nos fornecerán de diversos estudos cientificos, seguindo os pasos de Ernesto Vieitez Cortizo (científico homenaxeado este ano).

xi dia da ciencia

É a cuarentena

O hit do verán no Celso Emilio Ferreiro

O resultado foi o seguinte: 

 

Proceso de realización de  a canción “É a cuarentena” 

1.- A proposta dos profesores de Lingua Galega de 6º de primaria;  Emilio e Cristina; xunto co profesor de música, Ismael, concretaron facer unha canción para estes momentos tan especias que estamos a vivir toda a comunidade escolar.

2.- O primeiro que se fixo foi compoñer a música, cando así se fixo, se lla enviou ao alumnado para que  lle escribira  unha letra, tendo en conta que tiña que tocar dúas temáticas: 

- Que tivera un aire positivo e realista de cara á situación.

- Que fixera referencia a celebración dun aniversario, para así deste xeito podela usar cando algún alumna/o estivera de conmemoración.

3.-  Cando alumnado de 6º A e B enviaron as propostas, fixéronse os axustes necesarios, o profesorado escolleu de cada poema aqueles versos que mellor encaixaban ca música e se chegou á letra final da canción cuxo título é “É a cuarentena”.

4.- Volveuselle enviar a música  á comunidade escolar , pero agora con letra para que escoitando e lendo a practiquen, e así deste xeito graben un video e nolo fagan chegar para facer un montaxe con todos e todas cantando “É a cuarentena”.

Aiquí mostramos as letras que escribiu o alumnado as cales serviron para chegar á letra final, polo que tanto os profesores de L.G. de 6º, o profe de música e o alumnado foron compositores do “hit” desta temporada, “É a cuarentena”.

É a cuarentena

Vas colaborar,

quedándote na casa,

Non vas sair.

A mascarilla,

que vas ter que por,

se non ques enfermar, non.

(Retrouso)

Este virus é un pesadelo,

imos vencelo,

cada tarde saímos ao blacón,

e aplaudiremos un montón.

Vai ser moi enxebre,

imos celebrar,

parabéns no teu día,

imos bailar.

Un gran biscoito,

imos cociñar,

a gran festa na casa.

(Retrouso)

É a cuarentena

 Vas colaborar,

 quedándote na casa,

 imos bailar.

 Un gran biscoito,

 imos cociñar,

 a gran festa na casa,

 Na cuarentena.

 

Palabras con arte!

Esta semana previa á celebración das letras galegas estamos a preparar o traballo. Nesta entrada presentamos as escolmas de léxico relacionado coa música tradicional realizados polos alumnos de 5º e 6º, pero dende un punto de vista interdisciplinar.

Desfrutádeas!!!

 

 

Iago (5ºA)

Rocío (5ºB)

Anxo (6ºB)

Nara (6ºA)

Daniela (5ºB)

Olalla (6ºA)


Grazas a todos!

 

Os TeleMaios

Xa estamos a piques de chegar ao mes de maio, e aínda que este ano non poderemos celebralo como  é habitual, decidimos crear o TELEMAIO, o noso particular Maio a distancia. 

Publicamos aquí as coplas achegadas polos nosos alumnos e alumnas. Esperamos que vos gusten.

 

 

 

 

 

 

 

 

Nara 6ºA

Cando chega o un de maio,

eu sei que non me caio.

Cunha cesta  chea de flores,

cantarei ata que chores.

 

Cando chega o un de maio,

sempre sento coma un raio.

Cantando cun peteiro,

a mover moito o traseiro!

 

Celia 6ºA

O maio este ano chegou

e na casa estamos

onde as flores non vamos

e aquí quedamos

 

Cando aparezan as flores

do maio maieiro

dende casa as veremos

e pronto saliremos

 

O fiuncho non podo ulir

as flores non podo mirar

o maio esta quieto e calado

mais imos desfrutalo

O maio este ano

 tan pouco desfrutado

esperemos que sexa

sen nos un bo maio

 

Noa 6ºB

Este ano o cole

rematou cedo

por culpa dun virus

que nos meteu medo.

 

E  na casa estamos

a xogar como poidamos.

Pero xa podemos saír

que no no lo van prohibir.

 

Con estas poucas coplas

xa me despido

pois non me apetece

seguir escribindo.

 

 Daniela 5ºB

 Tanto tempo na casiña

Só deberes e comer

Chega Maio despaciño

Que só queremos correr

 

Tanto tempo confinados

canto tempo sen saltar

Tanto tempo enxaulados

Imos todos a engordar

 

Eu quero volver o cole

Pero non para estudiar

Eu quero volver o cole

Pero so para xogar

 

Co blanquiñas que estaremos

Cando chegue o verán

Saliremos con paraguas

Para os corpos non queimar.

 

Michelle 6ºA

Os maios xa veñen cheos

de cores flores e ovos

veñen cheos de laranxas

paseando polos pobos

 

Todos xogando, correndo

e saltando con amigos

Imos charlando, cantando

 alegrando os camiños.

 

Ruth (4ºA)

Este ano un virus veu

do país da China,

e por culpa del

moita xente morreu.

 

Na casa pechados

os nenos estamos

pois este ano de

festa non andamos.

 

A xente nas rúas

xa non se ven

porque este maldito

na casa nos ten.

 

Pois meus amigos

os maios este ano

non os celebramos

e na casa estamos.

 

 

Este virus mantenos

lonxe dos seres queridos

que tanto nos  abrazamos,

e por iso así  estamos.

 

Nada máis  amigos

ata aquí chegamos

espero que  para o ano

volveremos cantalos.

Sheila (6ºA)

Non podo estar no salón,

non podo estar na ventá,

canto  menos o intentó 

máis me acordo de alá.

 

Alá é un sitio xenial

non te debes preocupar.

so tes que botar unha man

e todo xe sairá  xenial.

 

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut