Skip to Content

Axudas e becas

Libros de texto e material 2024-25

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS DE TEXTO

CURSO 2024-25

Ligazón ao portal educativo

Publicada a orde do 7 de maio de 2024 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

Participación no fondo solidario de libros

-Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.

Axudas para adquirir libros de texto

-Alumnado de 1º e 2º.

Axudas para adquirir material escolar

-Alumnado de 1º a 6º.

Presentación de solicitudes

-Do 21 de maio ao 21 de xuño (incluído) de 2024.

Solicitudes

-Presentaranse preferentemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
-Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente nos centros docentes ou calquera dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Documentación a presentar

-Anexo I e Anexo II.

-Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente e outra documentación complementaria de ser o caso (segundo figura na Orde).

Documentos anexos

 

Axudas libros e material

LISTAXES DEFINITIVAS

FONDO SOLIDARIO, VALES LIBROS E MATERIAL

Poden consultar nos documentos adxuntos as listaxes definitivas do alumnado admitido e excluído en:

  • fondo solidario de libros para 3º, 4º, 5º e 6º.
  • vales de axuda para a adquisición de libros de texto (1º e 2º) e de material escolar (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º).

Axudas ANEAE

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

No blog de orientación http://celsoemiliorientacion.blogspot.com.es/ figura toda a información sobre estas axudas.

O prazo remata o día 29 de setembro.
Hai un titorial para cubrir o impreso xa que hai que realizalo online, logo imprimilo e traelo ao colexio. Titorial

Campamentos de verán 2014

CAMPAÑA DE VERÁN 2015

O día 24 de marzo a Consellería de Traballo e Benestar oferta prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2015 para a realización de actividades socioculturais en residencias, albergues ou campamentos.
 
Prazo de presentación de solicitudes: 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
 

Consulta a convocatoria no arquivo adxunto.

Máis información na páxina da Consellería: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut