Impreso autodeclaración comedor curso 2024-25 Enlace
Información fin de curso Enlace
Estimadas familias: O vindeiro 9 de setembro comezaremos outro curso escolar marcado pola pandemia da Covid-19. Esto quere dicir que, unha vez máis, o equipo do profesorado do CEP Celso Emilio Ferreiro está a preparar a volta ás aulas tentando que sexa o máis segura posible. Seguindo as recomendacións do Protocolo de Adaptación ao contexto da Covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022, informamos de que as entradas e saídas do alumnado faranse de xeito escalonado. O vindeiro martes serán publicados na web os horario oficiais, xunto cunha circular informativa de inicio de curso. Pregamos a máxima comprensión e colaboración para unha boa organización neste momento que nos toca xestionar e recordamos que as canles informativas oficiais coa comunidade educativa son a páxina web oficial do colexio e os avisos a través do AbalarMóbil. Moitas grazas pola vosa colaboración e un saúdo. O equipo do profesorado do CEP Celso Emilio Ferreiro. |
Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49 |
Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |