Skip to Content

Despedida do curso 19-20

Chegamos ao final dun curso cheo de momentos singulares.

Remata un curso no que aprendimos que somos capaces de superar situacións inimaxinables e do que saímos reforzados. Dende o Equipo docente do cole queremos manifestar o noso agradecemento a todo o alumnado polo seu esforzo e superación, ás familias polo traballo inmenso e gran apoio, á Anpa pola súa  axuda ao centro e a todos os que fixestes deste curso unha aprendizaxe.

Os nosos mellores desexos e moito ánimo para o alumnado que remata primaria e que iniciará un novo camiño cheo retos e ilusións no instituto. Ata sempre!

Desexámosvos unhas felices vacacións!



Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

page | by Dr. Radut