Skip to Content

Os TeleMaios

Xa estamos a piques de chegar ao mes de maio, e aínda que este ano non poderemos celebralo como  é habitual, decidimos crear o TELEMAIO, o noso particular Maio a distancia. 

Publicamos aquí as coplas achegadas polos nosos alumnos e alumnas. Esperamos que vos gusten.

 

 

 

 

 

 

 

 

Nara 6ºA

Cando chega o un de maio,

eu sei que non me caio.

Cunha cesta  chea de flores,

cantarei ata que chores.

 

Cando chega o un de maio,

sempre sento coma un raio.

Cantando cun peteiro,

a mover moito o traseiro!

 

Celia 6ºA

O maio este ano chegou

e na casa estamos

onde as flores non vamos

e aquí quedamos

 

Cando aparezan as flores

do maio maieiro

dende casa as veremos

e pronto saliremos

 

O fiuncho non podo ulir

as flores non podo mirar

o maio esta quieto e calado

mais imos desfrutalo

O maio este ano

 tan pouco desfrutado

esperemos que sexa

sen nos un bo maio

 

Noa 6ºB

Este ano o cole

rematou cedo

por culpa dun virus

que nos meteu medo.

 

E  na casa estamos

a xogar como poidamos.

Pero xa podemos saír

que no no lo van prohibir.

 

Con estas poucas coplas

xa me despido

pois non me apetece

seguir escribindo.

 

 Daniela 5ºB

 Tanto tempo na casiña

Só deberes e comer

Chega Maio despaciño

Que só queremos correr

 

Tanto tempo confinados

canto tempo sen saltar

Tanto tempo enxaulados

Imos todos a engordar

 

Eu quero volver o cole

Pero non para estudiar

Eu quero volver o cole

Pero so para xogar

 

Co blanquiñas que estaremos

Cando chegue o verán

Saliremos con paraguas

Para os corpos non queimar.

 

Michelle 6ºA

Os maios xa veñen cheos

de cores flores e ovos

veñen cheos de laranxas

paseando polos pobos

 

Todos xogando, correndo

e saltando con amigos

Imos charlando, cantando

 alegrando os camiños.

 

Ruth (4ºA)

Este ano un virus veu

do país da China,

e por culpa del

moita xente morreu.

 

Na casa pechados

os nenos estamos

pois este ano de

festa non andamos.

 

A xente nas rúas

xa non se ven

porque este maldito

na casa nos ten.

 

Pois meus amigos

os maios este ano

non os celebramos

e na casa estamos.

 

 

Este virus mantenos

lonxe dos seres queridos

que tanto nos  abrazamos,

e por iso así  estamos.

 

Nada máis  amigos

ata aquí chegamos

espero que  para o ano

volveremos cantalos.

Sheila (6ºA)

Non podo estar no salón,

non podo estar na ventá,

canto  menos o intentó 

máis me acordo de alá.

 

Alá é un sitio xenial

non te debes preocupar.

so tes que botar unha man

e todo xe sairá  xenial.

 



Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

page | by Dr. Radut