Skip to Content

Actividades nas aulas

Badminton 2016

TORNEOS DE BADMINTON DE 5º E 6º

Durante o mes de maio desenvolvéronse dous torneos de bádminton entre o alumnado de 5º e 6º de primaria. Previamente, nas clases de Educación Física, fixéronse as clasificacións dos alumnos e alumnas que pasarían á fase final e que se ía disputar en varios recreos.Durante o mes de maio desenvolvéronse dous torneos de bádminton entre o alumnado de 5º e 6º de primaria. Previamente, nas clases de Educación Física, fixéronse as clasificacións dos alumnos e alumnas que pasarían á fase final e que se ía disputar en varios recreos.
O torneo de quinto foi individual, masculino e feminino. As finais foron moi disputadas chegando, nalgún caso, ao terceiro set.

O torneo de sexto fíxose na modalidade de parellas mixtas. Tivemos unha final moi disputada que se resolveu no terceiro set cun resultado de 11-9.

Pasárono moi ben, fixeron deporte e o bádminton cada vez lles gusta máis.

VER FOTOS

 

A clasificación foi a seguinte:

 

5º MASCULINO


1º Lema

(5º A)


2º Antón

(5º B)


3º Noah

(5º B)


4º Iago Noya

(5º B)


5º Iago Cabral

(5º A)


6º Brais Prado

(5º A)


7º Brais Castrelos

(5º A)


8º Gael

(5º B)

5º FEMININO

1º Lucía Tejero

(5º B)

2º Aitana

(5º B)

3º Erea

(5º A)

4º Gabriela

(5º A)

5º Diana

(5º A)

6º Alba

(5º B)

7º Sabela

(5º A)

8º Selenia

(5º B)

6º PARELLAS MIXTAS

1º Jonathan/ Nerea Collazo

(6ºB)

2º Eloi/ Nayra

(6º A)

 3º Quique/ Daniela

(6º A)

 4º Uxía Tomé/ Iago

(6º A)

5º Dulce / José Carlos

(6º B)

 6º Diego/ Carla Pérez

(6º B)

 7º David/Uxía Prieto

(6º A)

 8º Carolina/Edgar

(6º B)

 

Terapia con cans 1ºA

TERAPIA CON CANS 1ºA

O mércores 11 de maio tivemos a 2ª sesión  de terapia con cans. Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de peitear e acicalar a Bronce. Nesta ocasión todo o alumnado atreveuse a acaricialo, tamén asistiron uns alumnos de 1º B.

O mércores 25 de maio, na 3ª sesión, tivemos unha sorpresa. Visitounos unha amiga de Bronce, chamada Brisa, de pelaxe moito máis clariño. A monitora traballou cos nenos e nenas as diferenzas entre as dúas cadelas. Despois fixeron un debuxo delas para  participar nun concurso.

 

Vigo Recicla 2º

VIGO RECICLA

O día 9 de maio estivo no noso colexio Dinoseto para aprendernos a separar o lixo nos distintos colectores. Foi moi divertido!!!

 

 VER FOTOS

Encontro Marcos Calveiro 3º

ENCONTRO CO ESCRITOR

MARCOS CALVEIRO - 3º

O día 4 de maio. tivemos unha sesión co escritor Marcos Calveiro, logo de ler o seu libro Unha casiña branca. Explicounos como no mundo de inxustizas que compartimos moitos nenos viven como Nenoradio e Nenapilas grazas ao lixo. Fixemos preguntas sobre diversos finais do libro e finalmente o autor agasallounos coa sinatura de libros.

 

Terapia con cans 1ºA

TERAPIA CON CANS - 1ºA

O mércores 27 de abril o alumnado de 1ºA tivo a visita de Bronce, un can adestrado por profesionais que o concello oferta aos centros educativos do Programa Terapia con cans.

A visita resultou moi sorprendente e educativa, a pesar de que algúns nenos e nenas non están familiarizados con estes animais.

 

VER FOTOS

Charla primeiros auxilios cole

CHARLA SOBRE PRIMEIROS AUXILIOS

Durante os últimos días, tres nais de alumnas e alumnos do cole, ofreceron os seus coñecementos en enfermería ao alumnado de 1º a 5º de Primaria a través dunhas charlas sobre primeiros auxilios (explicando como actuar ante golpes, feridas, queimaduras, mareos, ataques epilépticos, atragantamentos e incluso como facer unha reanimación cardiopulmonar).
Foi unha experiencia moi positiva da que, esperamos, todos poidamos sacar un bo proveito.
Moitas grazas pola colaboración: Laura, Mercedes e Marena!

Encontro autora_María Canosa

RUBICUNDO DE MARÍA CANOSA - 4º

O outro día, María Canosa estivo no noso cole. María é a autora de Rubicundo. Os nenos e nenas de 4º de primaria lemos este libro. Estivo connosco para explicarnos cousas que non entendiamos do libro e para contestar as preguntas que nós lle fixemos: "en que te inspiraches para escribir o libro, cando o escribiches,…"

Cando rematamos as preguntas, María Canosa asinounos os nosos libros e púxolles unha dedicatoria como: “Que polo mundo encontres moitos Rubis amables e cariñosos”.

Gustounos moitísimo este encontro coa autora de Rubicundo.

Graciñas.

Daniel e Zaíra

VER FOTOS

 

Encontro autora-Mar Guerra

CHARLA COA ESCRITORA MAR GUERRA - 6º

O mércores 13 de abril a escritora do libro Xenaro e a negra sombra, Mar Guerra, veu ao noso colexio para darnos unha charla moi interesante.

Fixémoslle moitas preguntas e elas contestounas moi ben e con moitas anécdotas. A pregunta máis interesante foi: "Como te inspiraches na personaxe de Xenaro?".

Respondeunos que ela é como Xenaro, un pouco pesada ao falar e tamén un pouco "tiquismiquis". A charla foi moi divertida e instrutiva.

Logo, aos nenos que tiñan o libro, firmoullo cunhas agradables e simpáticas palabras.

Paseino moi ben, e gustaríame que sacase máis libros.

 

VER FOTOS

Simulacro 2016

SIMULACRO EVACUACIÓN 2016

Mércores despois do recreo. Un día normal de clase. De súpeto, o son da alarma rompe a rutina; segunda alarma, prevenidos todos; terceira alarma, evacuación!!!

Todos en orde seguindo cadaquén o seu camiño e fuxindo do fume que sobe por unha das escaleiras. Chegamos ao punto de encontro e aparece protección civil e detrás o camión dos bombeiros!!!

Os bombeiros entran en acción e comeza a extinción do lume. Todo un espectáculo contemplado por un alumnado emocionado.

Resultado final: todos vivos e o colexio en pé!

 

VER FOTOS

Horto escolar 2016

HORTO ESCOLAR

O noso horto xa está en marcha.

Un ano máis preparámolo, sementamos e plantamos moitos chícharos e leitugas. Agora quédanos coidalo ata o final do curso: quitar herbas, regar e cando sexa posible colleitar.
Así de fermoso está o noso horto.

 

VER FOTOS
Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut