Skip to Content

Actividades nas aulas

Día de Rosalía

DÍA DE ROSALÍA 2017

O 24 de Febreiro é a data fixada no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do seu nacemento.

O noso centro sumouse á actividade proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  en torno á figura de Rosalía de Castro no seu 180 aniversario.

Despois de achegar algunhas lecturas de Rosalía ás nosas aulas, o alumnado elaborou unha máscara da autora. Nenas e nenos decoraron os seus traballos dun xeito moi orixinal escribindo nel algúns dos versos traballados. Deste xeito convertéronse na Rosalía de Castro da que se senten máis próximos.

 

Ver fotos na galería

Entroido 2017

 FEIRA DE ENTROIDO 2017

O Meco, dun lado, agardando as acusacións e Celio, no outro, presidindo a Feira.

Benvidos e benvidas á feira: postos de comidas, bebidas, xogos, artesanía e intercambio de libros; exposición de apeiros de labranza, paseos a cabalo, inchables, visitas aos animais da feira, actuacións musicais, bailes, conexións coa tele...

O alumnado da EEI Cristo da Victoria acompañounos neste día de troula e, ao igual que o noso alumnado, deu boa conta dos billetes e vales, acuñados para a ocasión, para realizar as súas compras e participar das atraccións. Tamén tivemos a visita dos familiares que non se quixeron perder este día de feira.

Contamos, ademais, coa presenza do noso inspector, o xefe territorial e o alcalde que compartiron connosco este día de entroido e aos que agradecemos que tivesen a xentileza de aceptar a nosa invitación.

O noso total agradecemento a todas as persoas que colaboraron na organización e desenvolvemento do evento, sen as que non sería posible levar a cabo esta festa. Grazas pola vosa inestimable axuda e amabilidade.

E chegou o  esperado momento! O Meco foi sentenciado, unha vez máis, a arder no lume ata quedar reducido a cinzas que o vento espallou ata que, no próximo entroido, volvan xuntarse e renaza para impoñer de novo a súa lei.

Viva o entroido! Festa rachada!!!

 



Entroido 2017

A FEIRA DE ENTROIDO NA TVG

O venres celebramos a Feira de Entroido e visitounos unha reporteira da Televisión de Galicia para realizar dúas conexións co espazo informativo matinal A revista.

Se queredes velo só tedes que premer na imaxe e accederedes ao vídeo do programa:

1ª conexión: minuto 18.

2ª conexión: minuto 48,45.

Seguro que atoparedes algunha que outra cara coñecida! Viva o Entroido!

Galiñeiro

 E O TEMPORAL TROUXO

O PRIMEIRO OVO!

O alumnado de cuarto dirixiuse a realizar os seus labores de mantemento e coidado no galiñeiro e, tras comprobar que as nosas invitadas non sufriran ningún dano polo temporal, atoparon unha grata sorpresa: o primeiro ovo!!!

Orgullosos do seu achado, procederon ao sorteo para decidir quen o levaría para casa.

E a afortunada foi Nora de 4ºB que, como podedes comprobar nas fotos, ceou ese día un delicioso ovo frito.

 

Ver fotos na galería

Semana da froita

COME BEN, CRECE SAN!

SEMANA DA FROITA I 2017

Continuamos coa nosa participación no Plan de consumo de froita nas escolas, organizado pola Consellería do Medio Rural, para promover unha alimentación sa entre o alumnado.

Durante a semana do 16 ao 20 de xaneiro, de luns a venres, repartirase entre o alumnado unha peza de froita de tempada no recreo.

Distribuiranse as seguintes froitas: plátano, mandarina, pera e mazá.

*A orde de reparto das froitas dependerá do estado de maduración das mesmas.

Horto escolar 2016

COLLEITA DE PORROS NO HORTO ESCOLAR

No inverno o noso horto tamén dá o seu froito. No verán transplantamos porros e sementamos grelos.
Hoxe, voluntarios de 6º recolleron os porros. Logo, organizáronse os paquetes e entregáronse ao alumnado de 2º e 3º.
Os porros están espectaculares!

Á volta de Nadal colleitaremos as navizas ou grelos.

Dende o horto escolar desexámosvos un Bo Nadal!

 

Ver fotos na galería fotográfica

Matemáticas no xardín

MATEMÁTICAS NO XARDÍN DA ESCOLA

O alumnado de 5º preparou concienzudamente a plantación de 16 lantanas e 24 bulbos de narciso co obxectivo de embelecer a zona de acceso á entrada principal do colexio.

Foi necesario traballar previamente na aula o radio e o diámetro da circunferencia, a metade, os cuartos, os oitavos, as fraccións...

Logo aplicaron estes coñecementos e elaboraron os seus deseños.

Este foi o resultado: plantas ornamentais á sombra dun camelio.

Torneo baloncesto 2016

TORNEO INTERCLASES DE BALONCESTO

2016

O Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia organizou a quinta das edicións do Torneo Interclases no noso centro coa colaboración da área de Educación Física.

Os alumnos e alumnas das clases de cuarto, quinto e sexto de educación primaria participaron nesta edición do tradicional Torneo Interclases co obxectivo de coñecer e achegarse á actividad do baloncesto, actividade que se desenvolve no centro os luns e martes de 16:00 a 17:00 horas.

ENLACE PÁXINA WEB CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL

Escola de tenis 2016

PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE DA ESCOLA

DE TENIS AO ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º

O pasado 19, 20 e 21 de setembro pasaron polo noso centro representantes da Federación Galega de Tenis para presentarlle aos alumnos e alumnas do centro esta nova actividade: quecementos especiais, xogos adaptados e pequenos partidiños.

Os nenos e nenas quedaron compracidos pola nova actividade que se vai desenvolver no pavillón todos os luns ás 17 horas.

Desexámoslle un bo futuro a esta nova actividade!!!!

 

Ver fotos na galería fotográfica

graduación 2016

CERIMONIA DE GRADUACIÓN ALUMNADO DE 6ºE ENTREGA DE AGASALLOS E MEDALLAS

2016

Bágoas e bágoas encheron o salón de actos! Outro curso máis que despedimos ao alumnado de 6º que afronta un novo reto no instituto.

Pero antes realizouse a entrega de agasallos ao alumnado que participou no programa de mediación e ao que colaborou como axudante de biblioteca, ademais de realizar a entrega de medallas aos gañadores e gañadoras do torneo de badminton de 5º e 6º. Aplausos e recoñecemento polo traballo ben feito entre os asistentes.
 Ver fotos na galería fotográfica
 

E comezou a cerimonia coa intervención do director e dunha representante da ANPA, ademais dunha representación do alumnado de sexto, contando cunha actuación musical de 5º.  A emoción inundou o salón e as bágoas foron o acompañamento musical da entrega de diplomas e orlas!

Remata unha etapa e comeza outra chea de desafíos e proxectos para ese alumnado ao que vimos crecer e ao que desexamos todo o mellor. Moita sorte!!!

 

6º A

Ver fotos na galería fotográfica

 

 6º B

Ver fotos na galería fotográfica

 
 
Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut