Skip to Content

Actividades nas aulas

Teatro e cociña

TEATRO E COCIÑA!!!!!!!

O alumnado de primeiro asistiu á representación Eu cociño, ti cociñas da compañía Mamá cabra. Esta montaxe innovadora, coa gran cociñeira Coki, levounos a percorrer o mundo e coñecer as súas receitas.

Asemade, emprendemos a nosa propia viaxe por este mundo da arte culinaria e elaboramos unha receita moi saborosa e sinxela.

 

Ver fotos

Patio

 ALTERNATIVAS DIFERENTES NO PATIO

O alumnado do noso centro goza e participa durante os recreos de alternativas diferentes: bolos, tiro de aros, parchís e oca xigante... Uns participan máis, outros varían os grupos, noutras ocasións anímanse uns aos outros para xogar..., pero o resultado sempre é o mesmo: un tempo que comparten, divírtense e aprenden con outros xogos.

 

Ver fotos

Visita APAMP

 VISITA APAMP

Este trimestre recibimos a visita de tres deportistas do club de boccia e slalom TAMIAR-APAMP, que xunto cos seus auxiliares explicaron ao alumnado de 1º, 2º e 3º como practican o seu deporte, ademais de deixarnos participar del.

Moitas gracias pola visita destes grandes deportistas (Fran, Ana e Gonzalo) que nos deixaron unha fermosa pegada!

My trip

MY TRIP - 6º

O alumnado de 6º realizou unha presentación dixital na materia de inglés que logo expuxo na aula relatándonos algunha das súas viaxes. Unha interesante experiencia que posteriormente foi valorada a través dunha enquisa dixital na que votaron as que máis lle gustaron. Aquí tedes unha pequena mostra. (Premer no número ou no nome para acceder ás presentacións).
 
   

Bucket list

MY BUCKET LIST 6º

Sabes o que é unha bucket list? Si, iso é. Unha listaxe de desexos que queres cumprir antes de deixar este mundo. O alumnado de 6º compuxo a súa listaxe na asignatura de inglés dentro do Proxecto Abalar.

Aquí tes unha infografía coas presentacións que escolleron en cada aula realizando unha enquisa dixital.

Preme na imaxe ou no nome para ver cada presentación.

Lingua de signos

INICIACIÓN Á LINGUA DE SIGNOS

O alumnado do colexio asistiu a unha actividades xestionada pola ANPA na que tiveron o seu primeiro achegamento á lingua de signos.

A relatora destas sesións explicounos que era a lingua de signos, ensiounos o alfabeto, aprendemos como expresar o noso nome e fixemos un xogo empregando algúns signos.

Esta iniciación permitiunos coñecer outra canle de comunicación e as súas posibilidades.

 

 

Baloncesto e iudo

 IUDO E BALONCESTO 2018

Iudo e baloncesto abriron as visitas de diferentes deportes ao noso centro este curso.

O monitor de Iudo, Aarón, volveu a facer a delicia do alumnado coas súas divertidas clases. Estivo con todos os grupos.

Cun importante staff de entrenadores, o club de baloncesto Seis do Nadal, visitou o noso centro e estivo co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Xogos, habilidades e torneos 4X4 para os maiores.

Grazas, unha vez máis, por acudir ao noso centro.

 Ver fotos baloncesto

 Ver fotos iudo

Entrega premios e medallas

ENTREGA DE PREMIOS E MEDALLAS 2018

Chega o final de curso e toca facer balance e agradecer a colaboración do alumnado que colaborou nos distintos proxectos e actividades no centro.

Axudantes de biblioteca e mediación e gañadores dos torneos subiron ao escenario a recoller o seu agasallo e recibir o aplauso dos seus compañeiros e profesores para premiar a súa actitude de completar de xeito voluntario a súa formación participando en diferentes actividades.

Grazas pola vosa colaboración!

 Ver fotos na galería fotográfica

 

Charla Chus Lago

CHARLA CHUS LAGO

Estes días estivo polo colexio a nosa Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago. Unha recoñecida alpinista que alcanzou todos os oitomiles do planeta (todas as montañas de máis de 8000 metros de altitude).

Foi a primeira muller española en alcanzar a cima do Everest sen osíxeno artificial.

Explicou que aos 11 anos xa soñaba con escalar as montañas máis altas do mundo.

Animounos a perseguir os nosos soños, a poñernos retos e loitar por conseguilos. Indicounos que con esforzo e constancia non hai meta imposible de lograr.

Chus Lago enviounos un mensaxeiro anunciando a súa visita, e claro, chegou ao colexio en bicicleta. O mensaxeiro entregounos unhas mensaxes feitas en papel ecolóxico.

Ver fotos

Museo do Mar

VISITA AO MUSEO DO MAR 1º

O alumnado de 1º A e B visitou o Museo do Mar. Fixo un percorrido polas diferentes exposicións: casco dun  barco, esqueleto dun cachalote, traxes de buzos, submarino de  Sanjurjo,...  Xogaron a pescar especies de tamaño axeitado para venda. Visitaron o acuario coas especies da nosa costa dende o Museo ata as Illas  Cies: sardiña, pinto, ollomol, congrio, linguado, centola, raia, ... Escoitaron o conto da Lenda dos Mariños por parte da monitora.

                       Foi moi divertido !!!!!!

Ver fotos

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut