Skip to Content

Actividades nas aulas

Proxecto Sostibilidade

SOSTIBILIDADE: ECOCELSOS EN ACCIÓN

CONCURSO IMAXE DO PROXECTO

Na busca dunha imaxe para o Proxecto, o noso xurado decantouse polos seguintes traballos:

- MENCIÓN ESPECIAL ABALAR para Olalla e Paula de 6ºA polo seu traballo en soporte dixital.

Parabéns ás gañadoras e ao gañador!!!!!

Moitas grazas a todo o alumnado participante e ao noso xurado formado polo alumnado de 6ºA e 6ºB.

 

TRÍPTICO INFORMATIVO

 

 

Teatro

Saída de 1º e 2º ao Teatro da Tropa de trapo

Onte os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria  fixemos unha excursión ao Teatro do Concello para ver a obra " Catro monos" da compañía Tropa de trapo.

Pasámolo xenial!

Xogando en galego

XOGANDO EN GALEGO

O día 30 de outubro o alumnado de 3º participou nunha actividade do Concello de Vigo na que practicamos a lingua galega a través dos xogos. Que ben o pasamos!

 

Obradoiro de galletas de cabaza

OBRADOIRO DE GALLETAS DE CABAZA

Hoxe festexamos o Samain e ademáis puxémonos de reposteiros facendo galletas con cabaza.

Mesturamos os ingredientes e elaboramos unhas galletas que logo degustamos.

Felíz Samaín a todos e todas!

Animación á lectura con Ángeles Escribano

Animación á lectura con Ángeles Escribano

Hoxe luns, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria tivemos a sorte de poder gozar coa presenza no noso cole de Ángeles Escribano. Ela, acompañada de Igor, o seu lobo de conto, contounos historias e contos como Palabras con corazón, Las uñas de colores, Cuquedo e La ola. Tamén nos fixo viaxar coa poesia e presenza dixital do poeta Juan Carlos Martin co seu libro La alfombra mágica

Foi unha mañá de conto!

 

Ver fotos na galería fotográfica

Sementes de outono

Sementes de outono

Chegou a tempada de arranxo da horta escolar para sementar os froitos de outono. Os nenos e nenas de 2ºA, traballaron nela e sementaron rabanitos e grelos.

Agora coidarémola con agarimo e esperaremos os froitos!

Ver fotos na galería fotográfica

Obradoiro cociña

OBRADOIRO DE MARMELO EN 1º E 2º

O outono xa chegou cos seus froitos. O alumnado de 1º e 2º recolleu os marmelos do cole e elaboramos a receita, para poder degustar un delicioso marmelo nas nosas aulas.

Bo proveito ao outono!

Ver fotos na galería fotográfica

Xemas de xeo

Que pasará se lle botamos auga con sal e colorante a uns xeos...

Ian a Dani, explícannos este proceso e coa súa clase de 6º B, experimentaranno no Laboratorio do cole.

Depuradora caseira

Gael e Noa explícannos como fixeron a súa depuradora caseira para filtrar augas residuais e obter augas limpas.

Moitas grazas polo voso traballo!

Modelo de pulmón

Explicación do experimento do Modelo de pulmón, feito por Alexis e Izan.

Grazas polo traballo!

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut