Skip to Content

Actividades nas aulas

Circuítos, poleas e engrenaxes

CIRCUÍTOS, POLEAS E ENGRENAXES

Os alumnos de 6º A e B de Primaria fixeron por equipos, uns traballos para a asignatura de Coñecemento do Medio. Eles mesmos nos contan como lles resultou a experiencia e que é o que aprenderon.


"Os nenos e nenas de sexto, en grupos de cinco, fixemos un circuito eléctrico. Para facelo, compramos estes materiais: bombillas, cables, interruptor, batería, capuchóns e unha táboa de madeira. O que fixemos para construílo foi: pegar as bombillas e a batería na táboa de madeira. Logo pasamos o cable polo interruptor para que pasara a corrente e pegamos o interruptor. E por último puxemos os cables nas bombillas e a batería e terminamos o circuito."

Nicolás Rodríguez. 6ºA

"Na clase de 6º A, fixemos varios circuitos. No meu grupo estabamos: Aroa, Viviana, Nicolás, Manuel e eu. Manuel trouxo os cables, Aroa as lámpadas e un capuchón. Viviana, o interruptor, Nicolás a madeira e eu a pila. Primeiro pegamos a pila e as lámpadas. Para que os cables non saísen, aparafusámolos á madeira. Logo xuntamos os cables á lámpada. Soldamos todo para que non caese. Fixemos varios experimentos e.... á terceira foi a vencida. Mais tarde asinamos o traballo todos os membros do equipo."

Éric López Iglesias. 6ºA

"O circuito que fixemos está composto por unxerador(pila), un cable, un interruptor e unha resistencia (bombilla). O seu funcionamento é o seguinte: a electricidade sae do polo positivo da pila, pasa polo cable ata a resistencia e chega ao negativo, onde volve a empezar de novo todo o proceso."

Ana Iglesias. 6º B

   

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut