Skip to Content

Actividades Dinamización

CONMEMORACIÓNS 2020

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2020

Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado decorou os escalóns do centro cos primeiros versos do poema Así mo pediron..., publicado no seu libro Cantares Gallegos.

Desfrutade esta actividade!!!

Saída ao teatro A nena e o grilo máis aló

Saída ao teatro

Este martes o alumnado de 2º de primaria acudimos á representación da obra A nena e o grilo máis aló; esta obra de Magín Blanco fala da amizade e da afouteza para afrontar os medos.

Pasámolo xenial e aínda tivemos tempo de pasear polo Nadal de Vigo.

O hit do verán

É a cuarentena!

Presentamos en exclusiva o single creado durante o confinamento, que conta co mestre Emilio na batería, o mestre Isma nos saxos e coa fabulosa interpretación do alumnado do cole.

A letra foi creada polas alumnas e alumnos de 6º.

Disfrutádeo!

 

Salón do libro virtual

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega continuamos a traballar naquelas tarefas que permitan difundir a nosa lingua. Por ese motivo, hoxe propoñémosvos a versión virtual do Salón Internacional do Libro de Pontevedra. 

Esta sección conta  con diferentes propostas e actividades que vos  poden ser  de interese para fuxir da monotonía da corentena.

Desfrutade con el!!!

A nena e o grilo máis aló

A nena e o grilo máis aló

O vindeiro martes 17 de decembro, as nenas e nenos de 2º de primaria, van asistir á representación de A nena e o grilo do músico e escritor Magín Blanco, encadrada na programación de Afundación. É unha obra que mestura música e teatro para tratar temas de diferente magnitude como a tolerancia, a amizade, a cooperación e a superación.

     A programación educativa de Afundación busca “establecer valores na aprendizaxe, favorecendo o pleno desenvolvemento na transición cara a idade adulta. Concretamente, esta obra trata o respecto á natureza, afondando na importancia de reducir, reempregar e reciclar; a convivencia ou a necesidade da interacción entre as persoas e o medio ambiente”.

Radio Celio

RADIO CELIO

O venres 25 Radio Celio retrasmitiu o primeiro programa deste curso 2019-2020 dando as noticias máis importantes ata o momento e, como novidade, os rapaces e rapazas de 6ºA, deleitáronnos cunha cantiga preparada na aula de Música.

Preme na imaxe para escoitar o programa.

 

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut