Skip to Content

Actividades nas aulas

Día de Rosalía

Hoxe 23 de febreiro, festexamos o día que naceu a nosa ilustre escritora galega Rosalía de Castro. En 6º B queixemos festexalo, recitando un fragmento da súa primeira obra ¨La hija del mar".

En liña co proxecto de centro relacionado cos faros e os  ecosistemas mariños Ecofaros , celebramos o día de Rosalía a través da súa primeira novela  La hija del mar escrita en castelán, que nós traducimos ao galego pequenos fragmentos que describen o mar galego. Posteriormente preparamos a súa lectura e fixemos gravacións para conmemorar esta data cun programa especial na nosa Radio Celio.

O alumnado de 2º elaborou un mural no que se recollen as derradeiras verbas de Rosalía.

“Abride a fiestra que preciso respirar,

 abride a fiestra que quero ver o mar...”

 

Saída Museo do Mar 5º

O xoves 17 de febreiro visitamos o Museo do Mar os alumnos de 5º de primaria. Na actividade Intermareal, aproveitando a marea baixa, observamos a diversidade da fauna e a flora da praia de Alcabre, coma pequenos científicos. Despois no acuario, pescudamos os distintos animais mariños que podemos atopar nas augas galegas.

Ver fotos na galería fotográfica

Tríptico Ecofaros

O proxecto anual Ecofaros comezou e quixemos trasladaros a información sobre o que pretendemos facer na escola e o xeito de  colaborar.

Día do libro

DÍA DO LIBRO 2021

Este curso as Xeografías Lectoras marcan o rumbo das nosas bibliotecas. As actividades e recursos que se promoven van trazando camiños que percorremos construíndo o noso espazo lector.

Nesta viaxe que nos convida a ler o mundo, chegamos ao mes de abril, un mes cheo de vida na  biblioteca Moraima, onde este curso afondamos cun taller de creación de xeometría de Haikus.

Neste mes, e todo o ano, non agardemos a que os libros peten na nosa porta, naveguemos por un mar de lecturas, compartindo  lecturas como este especial agasallo lector, do Día do libro, aportado polas Bibliotecas Escolares de Galicia.

 

“Ler é un agasallo sen cancelas. Ou unha alfaia para

levar prendida ollos a dentro, buligando polas tripas;

entre as dedas, un formigo. Unha corza a carreira

aberta da área de Broca á área de Wernicke. Esa

corza intrépida pola selva cerebral. Fulgurante.

Intacta. Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar

sen varandas. Sen dúbida, vén sendo algo así coma

unha hucha ou ichavo da fertuna. Ler. Unha

transmutación. O don de quen abriu a hucha e segue

un rastro de frangullas ou pedriñas. Pedriñas da

ventura. O don e a dádi va. Do saber, as frangullas. Ler

é de certo unha xiganta, o seu sorriso, a súa

gargallada, o seu pranto e a súa fascinación arbórea.

Unha area que non escorre entre os dedos, que fica aí,

acesa. Aí, prendida na gorxa, na glote, glogloglo…

mais non dá impo. Fica. No hemisferio esquerdo, nas

esferas enteiras, nas fascias. Felicísima. Unha hucha

de doas innumerábeis, aladas. Sen varandas nin

cancelas. Porta sen cadeado, xanela sen caravilla,

poxigo sen tarabela, eira sen zarrume. Dentro, nos

ollos. A corza que volve, de a cabalo da xiganta,

buligando, sen martabela que coute, a carreira

aberta. Diamantes e frangullas. Todo lle colle no papo.

Unha alfaia de agasallo. Glogloglo… Le.”

Elvira Ribeiro

Semana da Prensa

A semana do 8 ao 12 de marzo celebramos a Semana da Prensa.

Realizamos unha actividade que involucrou a todo o alumnado do colexio na realización dun Xornal.

Para realizar este proxecto fixemos un concurso para elixir o nome, e cada aula traballou nunha sección.

Esperamos que vos guste!

Adeus violencia de xénero

O 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

No cole este ano quixemos darlle voz a nosa Rosalía de Castro cun poema adaptado e interpretado polo alumnado de 2º A.

 

 

Día do Libro

Ola, Ecocelsos lectores!

Hoxe é xoves 23 de abril de 2020... Día do Libro!

A imaxe do díptico é un “chasco”, paxariño común no noso país.  Pódese coñecer algo máis deste "chasco común"  na ligazón  https://gl.wikipedia.org/wiki/Chasco_común e mesmo escoitar o seu canto: https://www.canto-pajaros.es/tarabilla-europea/.

A continuación deixámosvos unhas propostas para poder celébralo nas nosas casas:

http://redelectura.blogspot.com/ 

https://www.youtube.com/watch?v=FT9abQHq4Ps

Aproveitade estes días para ler xa que un libro é capaz de levarte a sitios marabillosos!

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS!!!

Saída do alumnado de 2º ao Museo do mar.

Saída do alumnado de 2º ao Museo do Mar

O alumnado de 2º visitou o Museo do Mar. Alí pudieron facer a actividade É unpeixe?, visitar o acuario e concienciarse das tres R. Pasámolo xenial!

Proxecto Sostibilidade

SOSTIBILIDADE: ECOCELSOS EN ACCIÓN

Brigadas verdes cos envases de reciclaxe

Seguimos avanzando no proxecto Sostibilidade: EcoCelsos en acción. Ecoembes entregounos 10 recipientes para a reciclaxe de papel, envases e plástico. As Brigadas verdes colocáronnas nas aulas correspondentes para o primeiro paso na reciclaxe. Agora esperamos que o Concello ou Deputación nos fagan entrega da composteira para a reciclaxe do material orgánico.

Seguimos adiante Reducindo, Reutilizando e Reciclando!

Proxecto Sostibilidade

SOSTIBILIDADE: ECOCELSOS EN ACCIÓN

COP DO MEDIO AMBIENTE CON CRIS PEREIRO

O alumnado de 5º e 6º asistiu á súa primeira asemblea para o medio ambiente da man de Cristina Pereiro (profe de secundaria experta no medio natural) que nos explicou o impacto que estamos deixando no noso planeta co noso modo de vida e nos invitou a ter a nosa primeira COP (Conferencia das Partes, órgano supremo da Convención de Nacións Unidas para o Cambio Climático) á que asistiron algunhas persoas que seguro que coñeces!

Moitas grazas Cris por achegarnos o teu saber e compartir connosco esta experiencia tan interesante!!!

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut