I MOSTRA DE FOTOGRAFÍA "O XIGANTE DE AREA"

04/03/2022 13:04

Dende o CEP Plurilíngüe de Carreira comprácenos informar de que, estando inmersos coma
estamos no proxecto “O Xigante de Area”, organizamos a I Mostra de Fotografía sobre o Parque
Natural do Complexo Dunar de Corrubedo, Lagoas de Vixán e Carregal.
O alumnado do centro está inmerso na investigación sobre os espazos naturais e protexidos
do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán.
Pode participar toda a xente que queira de dentro ou fora do colexio. As fotografías deben
ser obrigaroriamente do Parque Natural e estarán clasificadas nas categorías especificadas nas
bases.
O prazo para entregar as fotografías será do 7 de marzo ata o 8 de abril (ambos inclusive) e
deberán ser enviadas ao seguinte correo electrónico: pedocornino@gmail.com.
Para máis información consultar as bases na páxina web do colexio.
Animádevos a participar, esperamos as vosas fotos!
Atentamente, o alumnado do CEP Plurilíngüe de Carreira.

A continuación podedes consultar as bases da mostra.