try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Formalización de Matrícula 2024-2025

MATRÍCULA

O prazo de formalización de matrícula para o vindeiro curso 2024-2025 está establecido do 20 ao 30 de xuño de 2024. Este proceso só é de aplicación para alumnado de nova admisión.

Documentación e impresos á vosa disposición no centro.

_Fondo de Libros

Bo día a tod@s,

Dende o martes 21 de maio queda aberto o prazo para solicitar a axuda de material escolar, libros e fondo solidario de libros de texto.

Pódese facer a través do enlace que indicamos a continuación ou no centro escolar presentando anexo I e II e documentación solicitada.

Un saúdo.

Enlace ao documento on line

Anexo I

Anexo II

O prazo remata o 21 xuño.

Horta Escolar

O proxecto Mais ca Leña ten unha nova sección, esta vez dedicada á plantación de productos da horta. Este espazo vaise basar no ciclo do ano, no cultivo por asociación e no tratamento ecolóxico. 

Este ano, como restan menos de dous meses de curso, utilizamos plantas xa maduras, mais para o próximo curso sementaremos e observaremos a evolución da especie en todo o seu crecimento.

Todo o proceso de construcción e plantación pode verse na nosa galería: aquí.

 

Xornada de convivencia deportiva CEP Brea Segade e CEIP Ana Mª Diéguez

Hoxe no CEP Xosé María Brea Segade desfrutamos dunha xornada de convivencia entre os 4º, 5º e 6º de Taragoña e Asados. Como xa tiveramos o pracer de visitar o seu centro, nesta ocasión tocoulles a eles visitar as nosas instalacións e desfrutar todos xuntos das actividades. Tivemos unha mañá  chea de xogos, deporte e un recreo no que xogamos todos xuntos.

Pouco a pouco estas xornadas permítennos facer amigos e realizar actividades físicas moi beneficiosas para o noso alumnado.

Agardamos que o desfrutarades!

    

Campionato Intercomarcal de Bádminton

O martes 30 de abril celebrouse o Campionato Intercomarcal de Bádminton en Serra de Outes. Desde o noso cole viaxaron 22 nenos e nenas clasificados da primeira fase.

Nesta ocasión, conseguimos varias medallas,:

Para o primeiro posto de Benxamín feminino: Sofía Rial Costas, alumna de 4º curso e para os cuartos postos acadados polo alumnado de 6º curso en categoría Alevín feminino: Ainara Pereira Novoa e Alevín masculino: Diego Sánchez Figueiro.

Parabéns a todos os participantes e ás nosas gañadoras!!!!

 

     

Campionato provincial de cros

O venres 12 de abril celebrouse o Campionato provincial de cros no circuíto Virxe do Loreto en Porto do Son.

O CEP Brea Segade participou co alumno de 6º curso, Breixo Couso Ordóñez, acadando o noveno posto entre 90 rapaces da súa categoría que participaban na proba. É un gran logro a nivel deportivo para o noso centro e persoal para o noso alumno.

Parabéns Breixo!!!

enlace noticia  

   

         

                 

Avaliación diagnóstica

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.
Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

Xornada previa Campionato de Bádminton escolar

O 5 de marzo en Serra de Outes, participamos desde a área de Educación Física e dentro do programa Xogade, nunha xornada escolar de bádminton que é previa á fase intercomarcal que se celebrará o próximo 30 de abril.

Foi unha xornada onde desfrutamos moito xogando a este deporte e relacionándonos con outras escolas.

Nesta ocasión o alumnado que participou foi o de 4º e 6º. Tivemos moi bos resultados e verémonos na seguinte fase.

Parabéns!!!!

                  

Cros intercomarcal

O martes 27 de febreiro o noso centro participou na intercomarcal de cros, cos seguintes alumnos: Carlota Tembra, Breixo Couso e Xairo López. A xornada foi moi especial, cargada de nervios e coa participación duns 800 escolares no Estadio Municipal Julio Mato “Matito”- San Lázaro- Noia.

Conseguimos clasificarnos con Breixo para o Campionato provincial  que se celebrará o próximo 15 de marzo en Porto do Son.

Fixeron un gran traballo na carreira. Parabéns!!!!

         

                                                                                           

Distribuir contido