Os alumnos do colexio de Educación Infantil e Primaria Xoaquín Lourenzo 'Xocas' de Bande iniciaban esta semana unha campaña de sensibilización por un consumo responsable en Nadal. A actividade, que se enmarca nun plan de colaboración entre o centro escolar e o Concello banduense, inclúe charlas, talleres e a edición dun audiovisual sobre un consumo responsable que se emitirá coincidindo co festival do Nadal previsto para o 20 de decembro.
Ese día tamén se dará a coñecer o nome do gañador e o segundo e terceiro clasificados do 'Concurso de postais de Nadal', ademais colocarase unha caixa de correos dos desexos onde os nenos deberán introducir as súas peticións -aquelas que non se compran con diñeiro- aos Reis Meigos.
Traemos unha mensaxe de paz e amor.