Skip to Content

Taller sobre violencia de xénero para nenos en Bande.

O Concello de Bande, en colaboración co colexio de Educación Infantil e Primaria´"Xoaquín Lourenzo Xocas "da localidade, desenvolveu diferentes charlas e talleres co motivo do Día Internacional contra a Violencia de xénero.

A actividade estivo dirixida aos alumnos de Primaria e Infantil. Os obxectivos desta xornadas  foron, entroutros, fomentar a igualdade entre nenos dende idades moi temperás, así como prever situacións de violencia entre iguais e principalmente de cara ás mulleres.

 A técnica municipal Montse Vázquez e o profesorado do centro escolar foron os  encargados de impartir os talleres.

 

 



page | by Dr. Radut