INICIO DE CURSO 11 DE SETEMBRO 2023

INICIO DE CURSO 11 DE SETEMBRO DE 2023

 

Para dar comezo ao curso escolar 2023/2024 o luns 11 de setembro a entrada do alumnado organizarase segundo o seguinte horario:

 

EUCACIÓN PRIMARIA

  • 9:30h - 5º e 6º de Ed. primaria
  • 10:15h- 3º e 4º de Ed. primaria
  • 11:00h- 1º e 2º de Ed. primaria

 

O alumnado e acompañantes dirixiranse ao salón de actos na hora establecida, pola cancela principal do Edificio 1 (fronte ao bar). O alumnado quedará no centro ata as 14:00 horas.

 

EDUCACIÓN INFANTIL

  • 11:45h- 5º e 6º de Ed. infantil

O alumnado e acompañantes dirixiranse ao salón de actos na hora establecida, polo patio de Educación infantil.

 

 

ENTRADAS E SAÍDAS PARA O CURSO 2023/24

Durante o curso escolar 2023/24, as entradas e saídas no centro realizaranse segundo os horarios e accesos que a continuación se detalla:

EDUCACIÓN INFANTIL:

  • ENTRADA: Patio de Educación Infantil.
  • Apertura da cancela ás 8:50 h.
  • Os/as acompañantes permanecerán co alumnado ata que entren no edificio coa súa titora. Cada grupo ten asignado un lugar para a formación das filas. Os adultos que recollan aos nenos e nenas ás 14:00 h esperarán nos sitios asignados para as filas para facilitar a entrega do alumnado.
  • As cancelas pecharanse ás 9:00 horas.

EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • ENTRADA: Accederán ao recinto escolar polas dúas cancelas habilitadas para a entrada (Rampla da Rúa do Colexio e cancela da Rúa das Escolas).
  • Apertura das cancelas 8:55 h. 
  • Os nenos e as nenas entrarán sos e dirixiranse directamente á súa aula.
  • As cancelas pecharanse ás 9:00 h.No Edificio II haberá unha mestra ou mestre na porta de entrada para controlar a entrada e a orde na subida.Durante a semana do 11 ao 15 de setembro, o alumnado de 1º de Primaria poderá ser acompañado por un adulto ata a entrada do edificio.

SAÍDA:

-1º, 2º e 3º de E. Primaria: Rampa da Rúa do colexio. Sairán das aulas acompañados/as dos seus titores e titoras.

-4º de E. Primaria: Cancela da Rúa das Escolas. Sairán acompañados/as dos seus titores e titoras.

-5º e 6º de E. Primaria: Cancela peonil do aparcamento EdificioIII. Sairán acompañados/as dos seus titores e titoras. O alumnado destes cursos que se vaian sos poderán saír por calquera das saídas do centro.

Prégase puntualidade para a apertura e peche das cancelas. O alumnado que chegue tarde deberá acceder ao centro pola cancela principal do Edificio I. Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria esperarán nese edificio ata que algún mestre ou mestra os acompañe ata a súa aula. O resto de alumnado poderá ir só para a clase pasando previamente pola oficina da Admon.

 

 

 

 

Back to top