Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

Primaria

Festa de final de curso e despedida de Jesús, o noso prezado conserxe.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Fin de curso - Despedida de Jesús

Proba de campo a través

CAMPO A TRAVÉS 

Hoxe, 25 de xaneiro, celebrouse no Estadio Municipal de Fútbol San Paio de Refoxos en Cee a proba de campo a través na que participaron os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria.

A proba estaba organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte e colaborarón A.D As Rías, Concellería de Deportes de Cee e A.D.D do Barbanza.

Había dúas clasificacións:

- Individual: Segundo a orde de entrada en meta. Levan medalla ós/as 10 primeiros clasificados de cada categoría.

- Por equipos: A puntuación dos equipos resulta da suma dos puntos obtidos polos 4/3 atletas mellor clasificados de cada equipo, e gaña o equipo que menos puntos sume.

Ningún conseguiu clasificarse para a seguinte proba, na de equipos quedamos ás portas con un 4º posto. Desde logo iso é o menos importante, xa que a experiencia foi moi boa e algún nen@ xa quería repetir! 

Son tod@s uns campeóns e campeona!! ;)

Nuns días subiremos algunhas fotos da carreira.

Terceiros clasificados nos premios educativos INNOVAGAL.

No día de onte, a Consellería de educación otorgou á nosa escola o 3º premio INNOVAGAL por considerarnos un dos centros do ámbito galego comprometidos coa innovación educativa.

 Cun clic sobre a imaxe accédese a ligazón da resolución

O Prestige na aula de primaria.

En primaria tamén estivemos recordando a traxedia do Prestige e traballando sobre ela. Despois de buscar información, visitar a exposición permanente, redactar as nosas propias noticias sobre o que ocorreu tocou a montar o taller.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Escenografía prestige Primaria

O Samaín en Primaria

Álbum: Curso 2022/2023 -> Samaín primaria

Unha mostra do que facemos nas nosas aulas.

E aquí deixamos unha mostra das actividades que levamos a cabo nas nosas aulas, saídas, charlas informativas e momentos de lecer.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Inicio de curso

Sesión por estacións.

Na clase de música, sesión por estacións.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Clase de música

Investigamos sobre os animais.

A clase de primaria iniciou unha investigación sobre os animais. Algúns quixeron realizala en grupos, outros en parella e outros en solitario. Este traballo tivo varias fases, xa que se iba transformando a medida que os nenos atopaban información. Con ela realizaron presentacións en canva, lapbooks, unha exposición oral e una visita ao Museo de Ciencias Naturais de Santiago, onde tiveron a oportunidade de ver os animais de verdade e non en fotos. É moi difícil todo o proceso porque o traballo nunca é igual para todos e normalmente sae sempre das súas ideas.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Traballo animais

Fin de curso 2º de Educación Primaria

Os alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria fixemos este reto do maniquí para despedir o curso!! Esperamos que vos guste tanto como a nós facelo!
 
 

Fin de curso 1º de Educación Primaria

Os rapaces e rapazas de 1º de Educación Primaria despiden o curso con moitas ganas de desfrutar do verán ao grande!!

Distribuir contido


by Dr. Radut