Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

Proba de campo a través

CAMPO A TRAVÉS 

Hoxe, 25 de xaneiro, celebrouse no Estadio Municipal de Fútbol San Paio de Refoxos en Cee a proba de campo a través na que participaron os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria.

A proba estaba organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte e colaborarón A.D As Rías, Concellería de Deportes de Cee e A.D.D do Barbanza.

Había dúas clasificacións:

- Individual: Segundo a orde de entrada en meta. Levan medalla ós/as 10 primeiros clasificados de cada categoría.

- Por equipos: A puntuación dos equipos resulta da suma dos puntos obtidos polos 4/3 atletas mellor clasificados de cada equipo, e gaña o equipo que menos puntos sume.

Ningún conseguiu clasificarse para a seguinte proba, na de equipos quedamos ás portas con un 4º posto. Desde logo iso é o menos importante, xa que a experiencia foi moi boa e algún nen@ xa quería repetir! 

Son tod@s uns campeóns e campeona!! ;)

Nuns días subiremos algunhas fotos da carreira.



page | by Dr. Radut