Skip to Content

Benvida

 

                                                                                    

 CEIP VIRXE DE COVADONGA

RÚA CIBELES, 1- 32001 OURENSE

  988 78 30 80 (Edif. COVADONGA) 

  988 78 30 88 (Edif. EIROÁS) 

ceip.virxe.covadonga@edu.xunta.gal

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024-2025

Dende mañá día 21 de maio e ata o 21 de xuño incluído, ábrese o prazo para presentar as solicitudes de participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e AXUDAS para adquirir libros de texto e material escolar, para o vindeiro curso académico 2024-2025.

O impreso de solicitude poderá descargarse do arquivo adxunto ou poderá recollerse no centro. 

As solicitudes poderán presentarse por sede electrónica ou de forma presencial no centro.

SERÁ DAS LETRAS GALEGAS 2024

Este xoves, 16 de maio, celebramos no centro o SERÁN DAS LETRAS GALEGAS.

Fermosa xornada de música en directo, obradoiros, recitado de poemas, cantigas, baile; homenaxe á poeta, filóloga, violinista,... Luisa Villalta.

Días NON LECTIVOS no mes de maio

Estimada comunidade educativa, o centro permanecerá pechado os seguintes días no próximo mes de maio:

 - Mércores, 1 de maio

 - Venres, 17 de maio 

 - Luns, 20 de maio.

AVISO para as familias de nova incorporación

TODO o ALUMNADO que solicitou praza no noso colexio para o curso 2024-2025 está ADMITIDO.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023-2024

Seguindo o establecido na actual lei educativa estatal, as avaliacións aplicaranse en todos os centros educativos onde se impartan as ensinanzas de primaria (4º curso EP) e/ou secundaria (2º curso ESO).

Avaliaranse as competencias matemática e lingüística en lingua e literatura galega, e castelá e en lingua estranxeira (inglés).

As probas terán carácter informativo, formativo e orientador para o centro, que recibirá información sobre os resultados acadados polo conxunto do seu alumnado por etapa e competencia avaliada.

Máis información na seguinte infografía:

Vacacións por Semana Santa

Estimada comunidade educativa, o centro permanecerá pechado desde o luns 25 de marzo ata o luns 1 de abril de 2024, ambos inclusive, por vacacións de Semana Santa.

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CURSO 2024-2025

Do 1 ao 20 de marzo poderán realizar a solicitude de admisión a través da aplicación admisiónalumnado.

Febreiro, mes de PORTAS ABERTAS

Ven a coñecer o noso colexio!!

Días NON LECTIVOS en febreiro

Estimada comunidade educativa, o centro permanecerá pechado os seguintes días por vacacións de Entroido:

 - Luns,12 de febreiro.

 - Martes,13 de febreiro.

-  Mércores,14 de febreiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut