Desde o 21 de maio ata o 22 de xunio (este incluído) está aberto o prazo para presentar as solicitudes para participar no fondo solidario de libros de texto ou solicitar axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso.

 

A información sobre este procedemento podedes atopala no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210520/AnuncioG0598-070521-0001_gl.pdf

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

 

  • Copia do Libro de Familia onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. No caso de que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación real a 31 de decembro de 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:  Certificado ou volante de convivencia  ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello.

 

  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

 

  • Se fose o caso, certificado do Grao de Discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da unidade familiar.

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN: 

  • No centro, solicitando cita previa.
  • Na sede electrónica: https://sede.xunta.gal Para a presentación por esta vía poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave 365.

 

PUBLICACIÓN: 

As listaxes publicaranse única e exclusivamente NA PORTA DE ENTRADA do centro nas seguintes datas: 

  • Publicación de listaxes provisionais:1 de xullo.
  • Reclamación ás listaxes provisionais: 2 días seguintes ao da publicación da listaxe provisional.
  • Publicación das listaxes definitivas: 6 de xullo.

 

Para DÚBIDAS ou ACLARACIÓNS, chamar ao centro no horario de secretaría (13:00 a 14:00)


 

Tags: Secretaría