Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR 21-22: PRINCIPAIS DATAS

 

DÍA MES LENDA
Xoves 9 SETEMBRO Comezo do curso
Luns 11 OUTUBRO Día do ensino (Festivo)
Martes 12 OUTUBRO Festivo
Luns 1 NOVEMBRO Festivo
Luns 6 DECEMBRO Festivo
Martes 7 DECEMBRO Día non lectivo escollido (Pendente de aprobación)
Mércores 8 DECEMBRO Festivo
Mércores 22 DECEMBRO Entrega notas 1ª avaliación
Do 23 ao 31 DECEMBRO Vacacións de Nadal
Do 1 ao 9 XANEIRO Vacacións de Nadal
Luns 28 FEBREIRO Vacaación de Entroido
Martes 1 e Mércores 2 MARZO Vacacións de Entroido
Venres 25 MARZO Entrega notas 2ª avaliación
Luns 28 MARZO Festivo (A Reconquista)
Do Luns 11 ao Luns 18 ABRIL Vacacións de Semana Santa
Martes 17 MAIO Festivo (Día das Letras Galegas)
Mércores 22 XUÑO Entrega notas 3ª avaliación
Mércores 22 XUÑO Fin de curso

 

 

CALENDARIO DE REUNIÓNS INICIAIS COAS FAMILIAS CURSO 21-22

REUNION FAMILIAS

O calendario de reunións iniciais para as familias é o seguinte:

4º de Educación Infantil (3 anos): Luns 6 de setembro ás 12:30

5º-6º de Eduación Infantil (4-5 anos): Mércores 8 de setembro ás 12:00

1º e 2º de Primaria: Martes 21 de setembro ás 16:30

3º de Primaria: Martes 14 de setembro ás 17:00

4º de Primaria: Martes 14 de setembro ás 17:00

5º de Primaria: Martes 14 de setembro ás 16:00

6º de Primaria: Martes 14 de setembro ás 16:00

 

Nestas reunións só poderá acudir un representante por familia.

 

 

 

ORGANIZACIÓN ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 2021-2022

 

 

Organización de entradas e saídas



GRUPOS


ENTRADA


SAÍDA


COMEDOR



- 5º - 4º


8:50


13:55


14:00 A 16:00



- 2º - 1º


8:55


14:00


14:00 A 16:00



- 5º - 6º INFANTIL

(Poden
entrar acompañados dun adulto)


9:00

 


14:00


14:00 A 16:00

 

As entradas e saídas serán pola porta da
Rúa Crisantemo.

O profesorado acompañará nas entradas ao
alumnado ata a súa fila correspondente.

O profesorado acompañará ao alumnado nas
saídas ao alumnado que non poida saír só. As saídas serán pola porta pequena da
rúa Crisantemo.

 

 

 

REUNIÓN PAIS E NAIS 4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

REUNION IMPORTANTES

Reunión pais/nais do novo alumnado de 4º de E. Infantil ( 3 anos)

 

Día:luns día 6 de setembro 

 

Hora: 12:00 h.

 

 

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR

Informamos que xa se publicaron as instruccións de comedor para o vindeiro curso e por tanto podedes descargar e cubrir o impreso para entregar no colexio o antes posible.

ACLARACIÓNS PARA CUBRIR O ANEXO II DE AUTODECLARACIÓN  

*APARTADO A) RENDA NETA IRPF 2020

Para determinar a renda anual familiar do ano 2020 hai que ter en conta os ingresos obtidos por todas as persoas da unidade familiar, segundo o seguinte:

-Os membros da unidade familiar que fagan declaración da renda teñen que facer o seguinte cálculo: casilla 435 + casilla 460 - casilla 595

-Os que non teñan obriga de presentar a declaración terán que realizar o seguinte cálculo tendo en conta os seus datos fiscais:

Retribucións + Intereses – cotizacións seguridade social – retencións do traballo – retención do capital mobiliario

-A cantidade final a ter en conta será a suma dos cálculos realizados por cada membro da unidade familiar, menos nos casos de declaración conxunta.  

*APARTADO B) MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR

Terase en conta a unidade familiar (segundo a situación existente a 31 de decembro de 2020) definida na normativa do imposto da renda das persoas físicas:

-No caso de matrimonio a unidade familiar estará integrada por:

*Os cónxuxes.

*Os fillos menores de idade, con excepción dos que vivan independentes.

*Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade.

-En ausencia de matrimonio ou en casos de separación legal a unidade familiar estará integrada por:

*Pai ou nai

*A totalidade dos fillos (menores de idade e os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente) que convivan co pai ou coa nai.

-Nas parellas de feito e casos de separación ou divorcio con custodia compartida só un dos membros (pai ou nai) formará parte da unidade familiar.  

*APARTADO C) RENDA PER CÁPITA FAMILIAR:

hai que dividir a cantidade total obtida no apartado A) entre o número de membros da unidade familiar. Aos efectos de facilitar ás familias o cálculo incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería, dispoñible a través do link https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

*APARTADO D) AUTODECLARACIÓN: hai que marcar o tipo de aboamento que corresponda tendo en conta a renda per cápita familiar e o número de fillos menores en idade escolar.

Podedes descargar nos arquivos adxuntos a solicitude do servizo de comedor, ficha de datos persoais e o anexo II (modelo de autodeclaración).

 

Graduación de Educación Infantil

O pasado martes 22 de xuño tivemos a graduación dos nosos e nenas de 6º de Infantil.

O vindeiro curso xa serán de Primaria!

O acto comezou coa presentación da cerimonia de graduación a cargo da titora Merce.

 

 

Continou coa actuación de todos os nenos e nenas da clase.

 

 

E rematou coa entrega das orlas e moitos máis agasallos, ademais de, por suposto, fotos en distintas zonas do escenario.

Vemos todo neste vídeo resumo.

 

Concerto de Viola de gamba en directo polo alumnado que participa no proxecto Violanet con Sara Ruiz

Hoxe contamos coa inmensa sorte de ter connosco a Sara Ruíz, quen interpretou en directo varias pezas coa viola de gamba.

Todo estivo inmerso dentro do proxecto Violanet e que nos serve como eixo motivador dese gran proxecto musical que temos en mente para o noso centro e que pensamos desenvolver desde o vindeiro curso.

Estivo acompañada por tres alumnos do noso centro (Ricardo, Willy e Carmiña) que o fixeron xenial.

Fixérono tan ben que poderíamos dicir que foron eles quen estiveron acompañados por Sara Ruíz. Moitas felicidades para estes alumnos!

Aquí tendes o vídeo resumo deste gran concerto.

Desexamos que o disfrutedes tanto coma nós!

 

Vídeo de Seccións Bilingües

Here you have our students in Seccións Bilingües lessons.

Their amazing works are posted.

Let's enjoy watching the video.

 

REVISTA DIARIO DAS FLORES Nº 14

Un curso máis publicamos a nosa revista dixital.

Desexamos que vos guste!

 

 

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut