Skip to Content

Concerto de Viola de gamba en directo polo alumnado que participa no proxecto Violanet con Sara Ruiz

Hoxe contamos coa inmensa sorte de ter connosco a Sara Ruíz, quen interpretou en directo varias pezas coa viola de gamba.

Todo estivo inmerso dentro do proxecto Violanet e que nos serve como eixo motivador dese gran proxecto musical que temos en mente para o noso centro e que pensamos desenvolver desde o vindeiro curso.

Estivo acompañada por tres alumnos do noso centro (Ricardo, Willy e Carmiña) que o fixeron xenial.

Fixérono tan ben que poderíamos dicir que foron eles quen estiveron acompañados por Sara Ruíz. Moitas felicidades para estes alumnos!

Aquí tendes o vídeo resumo deste gran concerto.

Desexamos que o disfrutedes tanto coma nós!

 



logo

page | by Dr. Radut