Skip to Content

AVISO IMPORTANTE: RESTABLECEMENTO PLAZO ADMISIÓN ALUMNADO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200506/AnuncioG0244-050520-1_gl.html

  1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

    Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

    Novos prazos do procedemento.

  2. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

    a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

    b) Novos prazos do proceso:

    • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

    • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

    • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

    • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

    • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

PODE REALIZARSE DE DÚAS MANEIRAS:

  1. De forma presencial:

    MEDIDAS PARA A ATENCIÓN AS FAMILIAS QUE ELIXEN A PRESENTACIÓN PRESENCIAL:

    • Atenderáse ás familias con cita previa, chamando ao teléfono 982 870 610.

    • Rógase acudir soamente unha persoa adulta que veña, a ser posible con mascarilla e evitando traer nenos con ela.

    • Lembramos que hai que traer o ANEXO II cuberto.(Este anexo está dispoñible na páxina web).

    • As portas do centro estarán abertas. Se hai alguén que está sendo atendido pregamos esperen fóra, mantendo a distancia de seguridade.

  2. Presentar a solicitude a través da aplicación informática: "admisión de alumnado"

    A través da aplicación informática:

    Lémbrase que o alumnado actualmente matriculado no centro ten reserva de praza automática para o seguinte curso escolar.

Nota: Está a súa disposición nos arquivos adxuntos toda a documentación necesaria a presentar na secretaría do colexio.

AdxuntoTamaño
Orde admisión 25-01-17.pdf709 KB
Orde 12 de marzo. Procedemento de admisión..pdf1.03 MB
Anexo II. Solicitude de admisión.pdf509.59 KB
Decreto de admisión.pdf593.29 KB


story | by Dr. Radut