Skip to Content

Entroido viaxeiro no CEIP O Vicedo

Xa esta aquí de novo o Entroido, e este ano no CEIP O Vicedo celebramolo dando unha volta polo mundo....

Cada aula do noso colexio, seguindo o proxecto que desenrolan dende a biblioteca do colexio que este ano esta dedicado a diferentes paises do noso planeta e co nome de "A volta o mundo en 80 dias", escolleu un país e segundo este elaboraron os seus disfraces.

Os alumnos máis pequenos de Educación Infantil viaxaron ata China, os alumnos de 4 e 5 anos convertironse nunhos estupendos gondoleeir@s venecianos en representación de Italia.

Xa en Educación Primaria os alumn@s de Primeiro foron unhos autenticos mexicanos e os de segundo de Primaria viaxaron case ate as antipodas para convertirense nuns canguros saltarins australianos.

Xa en terceiro de Primaria non viaxaron tan lonxe e acercaronnos parte da cultura do Reino Unido cuns disfraces escoceses moi logrados. Se nos acercamos á clase de cuarto e quinto entraremos no exótico mundo da India e os seus encantadores de serpes. E para finalizar os alumn@s de sexto reproduciron parte da antigua cultura exipcia cunha magnifica posta en escena.

Podedes disfrutar do resto das fotos da celebración aqui.



story | by Dr. Radut