Skip to Content

IV Edición La Vuelta al Cole

O venres, 26 de outubro tivemos o honra de colaborar na “IV Edición La Vuelta al Cole”.

Unha carreira solidaria e non competitiva que ten como obxectivo xuntar fondos para financiar unha beca de investigación que axudará a seguir buscando unha cura da leucemia infantil.

Cando recibimos a proposta da Fundación Unoentrecienmil decidimos colaborar. Fainos moi felices contribuír nunha das cousas máis bonitas que poden levar a cabo as persoas: AXUDAR AOS DEMAIS.

A idea era que cada corredor aportara un euro para doar pero a resposta das familias foi marabillosa e xuntamos a cantidade de 466,78 euros.

Queremos amosar o noso agradecemento ás familias que colaboraron económicamente e participaron na carreira.

MOITAS GRAZAS A TODOS!!!!!!!!!!



story | by Dr. Radut