Skip to Content

Actuación Mago Deimi (xentileza APA do CEIP O Vicedo)

Este martes 19 de xuño recibimos a visita do mago Deimi, que nos fixo unha actuación por xentileza da APA do CEIP O Vicedo. Todos disfrutaron dos trucos de maxia deste magnífico mago, os nen@s quedaron abraiados e sorprendidos e mais de un impresionado, máis aló dos espectaculares trucos o mago tamén se ganou o público co seu sentido do humor.

Para todos foi unha actuación especial, vimos levitar unha mesa, transformar papel hixiénico en euros, etc... De seguro que os nosos alumn@s están desexando poder disfrutar de novo de actuacións de este tipo. Dende o CEIP O Vicedo queremos agradecer á APA do Vicedo a organización destes eventos e a súa colaboracion na vida académica.



story | by Dr. Radut