AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR REGULADA NA ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2022

O DOG do día 14/10/22 recolle a resolución onde o persoal que foi beneficiario do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.

Tamén o será o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso e ata o do 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022.

A resolución dispón que as familias poden recoller o vale de 25€ nos centros docentes a partir do día seguinte (hábil) ao da publicación no DOG.

As persoas beneficiarias deberán usar os vales nas librarías e demais establecementos o antes posible e, en todo caso, antes do 10 de abril de 2023

Aquí tedes o enlace ao DOG 

AdxuntoTamaño
20221014_ampliacion_material_escolar.pdf449.26 KB