INSTRUCIÓNS SOBRE A CONCRECIÓN DE MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE

INSTRUCIÓNS EMITIDAS POLA CONSELLERÍA DE EDUCACION, UNIVERSIDADE E F.P. SOBRE A AVALIACIÓN DO 2º TRIMESTRE:

1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre, antes do día 3 de abril.

2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.