Skip to Content

SAÍDA A GRANXA BARREIROS (LUGO) - 6º de primaria

 

 

 

            Nós, os nenos de 6º fomos á Granxa Barreiros que está en Sarria, Lugo.

Fomos algo máis tarde do esperado porque chovía moito e houbo que aplazar a viaxe. A espera valeu a pena.

           De camiño fixemos dúas paradas, unha preto de Monterroso e outra en  Portomarín.

           En Monterroso paramos para comer un bocadillo, este sempre é un momento emocionante; pero a emoción aumentou cando comezamos a atopar setas, moitas, moitísimas setas, algún vimos por vez primeira unha amanita muscaria, a matamoscas, coa súa cor vermella cuberta de copos de nata.

 

 

 

          Cando estabamos preto de Portomarín, vimos as casas sumerxidas no embalse de Belesar.

 

 

  

Demos unha volta polo pobo de costas empinadas, ten unha plaza grande coa igrexa e o concello.

A igrexa foi subida pedra por pedra dende o fondo do encoro e reconstruida no pobo. Tamen compramos unhas tortas típicas.

           Estábamos deseosos de chegar á granxa. As profes para que nos fixásemos na paisaxe dixéronnos que tíñamos que buscar un edificio blanco e azul. Cando por fin o atopamos, aplaudimos e berramos.

           Recibíronnos os monitores e mais un can, Valentín, un San Bernardo tan grande coma dous ou tres de nós, que ademáis, era un mimoso; pero mellor non estar moi cerca cando estornudaba...

          O momento de ver por vez primeira as habitacións foi máxico. Unha vez dentro comezamos a escoller as camas e a desfacer as maletas,pero xa non deu tempo a máis posto que era a hora do xantar.

Todo estaba moi ben organizado, puxéronnos en mesas todos xuntos(6ºA con 6ºB) para que puidésemos coñecernos mellor. As normas eran sinxelas e claras.

          Todas as actividades nos encantaron, pero a que máis, darlle de comer aos  animais;darlles o biberón aos años, berzas e grans .ás galiñas e máis ao faisán,  caldo aos porcos, leitugas e canos de berzas aos coellos e mais mazans ao cabalo, que lle encantaban.

           Tamén nos gustaron moito os nomes que tiñan os animais:

. Nube, un becerro pequeniño.

. Armonioso, o cabalo.

. Maruxa e Carolina, as vacas.

. Nubarrón e Chocolate, os coellos.

. Benxamín, un pocho.

. Valentín e Laura, os dous San Bernardos.

           Os nomes tiñan que ver con persoas que pasaron por alí ou con sucesos. Cada animal tiña na súa corte unha pizarra coa súa raza, sexo, e tipo de dieta. Gustáronnos moito os animais porque son os que máis nos escoitaron, non se podían ir e sempre nos facían rir.

 

    AS TAREFAS

 

         A vida na granxa é tranquila pero tamén esforzada, é dicir, frecuentemente combinábamos as tarefas con momentos de xogos. Non hai tempo para aburrirse e sempre disfrutamos da compañía dos outros, e agora que estamos a escribir esto xa estamos desexando voltar.

         As tarefas podémolas dividir en tarefas de campo e tarefas de taller:

 

         -DE CAMPO:

 

. Recoller o millo e esfollalo.

. Buscar esterco para preparar a terra e sementar nabos.

. Ir ata a igrexa de Barbadelos polo percorrido do Camiño de Santiago.

. Buscar setas, e imaxinarnos que son máxicas porque están ocultas no bosque.

. Paseo polo bosque buscando:

. Follas de carballo e castiñeiro.

. Espigas e carozos.

. Noces.

. Castañas.

. Landras e bugallos.

 

          Para entrar no bosque había que dicir unhas palabras máxicas, a monitora díxonos ''Eu son Olaia Oruga e podo entrar ao bosque''.

         Despois duns intentos puidemos entrar con nomes como Mónica Morcego, Xavi Xabarín, Marta Musaraña, Ainhoa Araña etc. E gracias a estes nomes máxicos puidemos entrar.

 

          -OS TALLERES:

 

          Fixemos queixo, pan e cestos e trouxemos as receitas para poder facelos na nosa casa.

         Divertiunos moito facer os cestos, fómolos facendo pequeniños e aos poucos, mentres iamos intercalando con outras actividades. Era moi entretido, estabamos sentados, fómoslle collendo o ''tranquillo'' e ao final iamos coma balas, mentres contabamos contos e riamos moito, foi ''unha sesion de marujeo'', sobre todo o último dia cando se falaba moito do baile da noite.

         A exposición dos cestos estará na biblioteca do colexio ata o Nadal.

         Ainda non contamos nada das noites nin do tempo libre, alá imos:

         Antes de nos ir durmir bailábamos e facíamos xogos coma o Catapún-Chis-Pún.

   

A  ÚLTIMA  NOITE

 

         O baile foi marabilloso, todos bailamos a tope: pop, rock, o baile das estatuas, xogo das imitacións e, como non, o baile do cabalo; a algún só lle faltaba rinchar.

         Chegou a hora de marchar e ahí os sentimentos pasaron pola batidora, sentíamonos triste es alegres ao mesmo tempo, unha sensación rara que vos aconsellamos probar.

         De volta despedímonos de todo o persoal: Ainhoa, Javi, Olaia, Marta, Laura e Valentín, tamén nos despedimos das montañas gastadas, os valados de pedra, as pequenas aldeas colgadas das montañas e das cores do outono no bosque.

Algúns choraban por fóra e outros por dentro, pero as profes dixéronnos:''Non quededes triste que imos voltar...''

 

 



blog | by Dr. Radut