Skip to Content

FONDO SOLIDARIO e AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL-curso 2023-24

Anexos para cubrir e imprimir:

ANEXO I e II

 (Se son máis de catro os membros computables da unidade familiar terán que cubrir e imprimir o anexo II por partida doble ou máis se fose necesario). 

En documentos adxuntos poden ver o calendario e prazos establecidos polo centro así como unha nota informativa.

HORARIO DE ATENCIÓN NA SECRETARÍA - curso 2022-23

  • LUNS a XOVES: de 09:40 a 10:30 horas. 
  • VENRES: de 13:50 a 14:40 horas.

IMPORTANTE: FÓRA DESTE HORARIO NON SE ATENDERÁN OS TRÁMITES ADMINISTRATIVOS.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2022-23

As xornadas lectivas abranguerán desde o día 8 de Setembro de 2022 ao 21 de Xuño de 2023, ambos inclusive.

Períodos de vacacións:

  • Nadal: desde o día 23 de Decembro de 2022 ata o día 8 de Xaneiro de 2023, ambos inclusive.
  • Entroido: días 20,21 e 22 de Febreiro de 2023.
  • Semana Santa:desde o 3 ata o 10 de Abril  de 2023, ambos inclusive.

Días non lectivos:

  • Festas de ámbito estatal, autonómico e/ou local (12 de Outubro, 1 e 11 de Novembro, 6 e 8 de Decembro e 17 de Maio).
  • Día do ensino: 31 de Outubro de 2022.
  • Día escollido polo Centro: 2 de Maio de 2023.

MODIFICACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR

No ficheiro adxunto as familias poden consultar os criterios que se van ter en conta á hora de decidir a promoción de curso do alumnado en Primaria. Ademáis poden consultar os criterios para conceder a mención honorífica no alumnado de 6º de Primaria. 

                                                                                 A Dirección

FASE PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS PARA CENTROS ESCOLARES 2019

O mércores 12 de Febreiro disputouse en Portas o campionato provincial de campo a través para centros escolares. Despois de vencer en case que todos os cursos na fase comarcal disputada en Novembro, a este provincial acudían máis de 70 rapazas e rapaces do noso cole de segundo a sexto de Primaria. Os nosos atletas disfrutaron enormemente desta xornada deportiva ao marxe de obter uns magníficos resultados:

-A nivel individual:

  • Martina Portela-Segundo de Primaria-2ª
  • Xyan Álvarez-Segundo de Primaria-3º
  • Martiño Domínguez-Terceiro de Primaria-1º
  • Mario Aguín-Terceiro de Primaria-3º
  • Sandra Lamelas-Quinto de Primaria-2ª
  • Marcos Aguiño-Quinto de Primaria-1º
  • Mar Cores-Sexto de Primaria-1ª
  • Noa Novas-Sexto de Primaria-3ª
  • David Benavides-Sexto de Primaria-1º

-Por equipos:

  • Segundo de Primaria:4º
  • Terceiro de Primaria:1º-Campións provinciais
  • Cuarto de Primaria:3º
  • Quinto de Primaria:2º
  • Sexto de Primaria:2º

No ficheiro adxunto  pódense ver os resultados e premendo na imaxe a galería de fotos da proba.

 

 

FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS PARA CENTROS ESCOLARES 2019

Máis de 70 rapaces e rapazas de 2º a 6º de Primaria disfrutaron o Mércores 13 de Novembro dunha xornada de campo a través co resto de colexios da zona do Salnés no circuito da Azucareira, en Portas. Aquí tedes a reportaxe fotográfica desta competición na que o noso cole acadou uns resultados magníficos, conseguindo a victoria por equipos, ademais  de triunfos individuais, na metade de carreiras disputadas, co cal o noso centro estará ampliamente representado no campeonato provincial que se disputará a comezos de 2020. Ao marxe dos resultados, os nosos atletas , e é do que se trata, disfrutaron desta proba, véndose en moitos deles a cara de satisfacción ao cruzar a liña de meta tal como amosan as imaxes.

(premede na imaxe para ver a galería)

Distribuir contido


by Dr. Radut