Skip to Content

COMPETICIÓN DE ATLETISMO- FINAL PROVINCIAL- 5º de Primaria

Recentemente o alumnado de 5º de Primaria ven de competir, xunto con outros 80 colexios da provincia, nunha actividade de atletismo na cidade de Pontevedra. A participación foi todo un éxito xa que os/as nenos/as disfrutaron plenamente da actividade. Aínda que a estas edades o máis importante é que os nenos practiquen deporte en pro de sentar as bases dunha forma de vida saudable,  dicir que se alcanzou a segunda posición final, o cal dá idea do alto nivel amosado polos nosos atletas. Parabéns para todos!



page | by Dr. Radut