Os alumnos de 6º de Primaria que para o ano que ven van para o Instituto, poden solicitar a axuda no mesmo, no caso de reunir os requisitos esixidos, entre o 25 de Xuño e o 26 de Xullo, ambos inclusive. Toda a información se pode ver no enlace http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria
O noso colexio atópase no barrio de Ardia, na entrada da vila de O Grove (Pontevedra), preto do complexo intermareal da Lanzada e a carón mesmo da ría de Arousa.