Skip to Content

CAMPO A TRAVÉS- CAMPEONATO PROVINCIAL

Logo dos excelentes resultados obtidos polo noso cole na fase comarcal celebrada no pasado mes de Decembro, o colexio acudía o pasado 13 de Febreiro a Baiona para disputar o campeonato provincial con tres equipos. O mellor clasificado deles foi o alevín feminino que obtivo a segunda posición final, o cal lle da o pase ao campeonato galego que se disputará o día 12 de Marzo en A Estrada. Gran mérito sen dúbida o desta clasificación tendo en conta que se competiu contra clubs de grande prestixio que se adican integramente ao atletismo. O equipo alevín masculino quedou ás portas desa clasificación mentras que o infantil feminino tivo tamén un destacado papel nunha competición dura marcada polo barro e a intensa choiva que non deu tregua aos corredores.

Premer na imaxe para ver a galería de fotos completa

Desfile de Entroido 2016

Actividades polo DÍA DA PAZ

O pasado 29 de Xaneiro conmemoramos no cole o día da paz con diversas actuacións e un baile conxunto que resultou moi vistoso. Aquí tedes a mostra.

 

 

CAMPO A TRAVÉS- FASE COMARCAL

Recentemente o noso centro ven de participar na fase comarcal da competición de campo a través que organiza a Xunta de Galicia a través do programa "XOGADE". Ademáis de pasar unha mañá divertida facendo deporte, os máis de 60 nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria do noso colexio desplazados ata Portas  obtiveron uns magníficos resultados que os vai levar a participar a moitos deles na seguinte fase, a provincial, no mes de Xaneiro.

COMPETICIÓN DE ATLETISMO- FINAL PROVINCIAL- 5º de Primaria

Recentemente o alumnado de 5º de Primaria ven de competir, xunto con outros 80 colexios da provincia, nunha actividade de atletismo na cidade de Pontevedra. A participación foi todo un éxito xa que os/as nenos/as disfrutaron plenamente da actividade. Aínda que a estas edades o máis importante é que os nenos practiquen deporte en pro de sentar as bases dunha forma de vida saudable,  dicir que se alcanzou a segunda posición final, o cal dá idea do alto nivel amosado polos nosos atletas. Parabéns para todos!

COMPETICIÓN DE ATLETISMO- 5º de Primaria

O pasado 9 de Abril, o alumnado de 5º de Primaria participou nunha xornada de atletismo nas pistas do Centro de Tecnificación de Pontevedra. Gustoulles moito a experiencia, acadando ademáis uns magníficos resultados que fan que proximamente participen na seguinte fase, a provincial. Aquí tedes unha mostra do que viviron os nosos atletas.

 

AS VERBAS DE ROSALÍA NAS VOCES DOS NOSOS NENOS

Ollade como os nosos alumnos de 3º de Primaria lembran a Rosalía de Castro

ESCOLA DE PAIS

Dende o Departamento de orientación respecto á "Escola de pais" informamos do seguinte:

 a)INFÓRMASE QUE A PRIMEIRA SESIÓN DA "ESCOLA DE PAIS SERÁ O MARTES 10 DE FEBREIRO ÁS 17:00 HORAS NA BIBLIOTECA DO CENTRO".

 b)A resposta dos pais ante a enquisa proposta polo departamento foi moi satisfactoria, xa que obtivemos resposta de case 200 enquisas.

 c) Os resultados foron os seguintes:

- Un 96% dos pais vedes interesante que se organice unha escola de pais no centro, amosando un 80% predisposición a acudir as sesións formativas.

- As principais temáticas escollidas foron as seguintes (por orde de preferencia):

1. Interacción e comunicación pais-fillos.

2. Educación en emocións.

3. Atención e concentración no estudio.

4. Normas e límites.

5. O acoso escolar

6. Resolución de conflictos dentro do sistema familiar

7. Os estilos educativos

                                                                                                                                Departamento de orientación.

A importancia da RECICLAXE

Entre os obxectivos que nos marcamos este ano para todo o curso está o de concienciar ao noso alumnado na importancia da reciclaxe dos residuos que se xeneran. Por tal motivo onte contamos coa actuación da banda de música de Vilagarcía que escenificou para todo o Centro, en dúas sesións, o conto musicado "O príncipe Lino recicla con atino", e que gustou moito por certo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut