Skip to Content

CAMPEONATO DE CAMPO A TRAVÉS- FASE LOCAL NOVEMBRO 2017

Pincha na imaxe para ampliar a nova

SAMAÍN 2017

Aquí tedes unha reportaxe gráfica das nosas cabazas científicas. Grazas ás familias pola súa colaboración e o uso da imaxinación para facer estas maravillosas creacións relacionadas co proxecto do centro.

(preme na imaxe para ver a reportaxe completa)

BAILE POLO SAMAIN- 3º de Primaria

 O alumnado de terceiro de primaria interpreta un terrorífico baile moi acorde coas conmemoracións destas datas. Aquí tedes este divertido vídeo dunha das súas actuacións ante os compañeiros do cole.

 

DÍA NON LECTIVO

O vindeiro venres día 13 de Outubro foi aprobado polo Consello Escolar do centro como día non lectivo, polo que nesa xornada non haberá clase. 

                                                          A Dirección

PODIUM NO CAMPEONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

Brillante participación dos atletas do noso cole no campeonato galego de campo a través disputado o pasado 11 de Marzo en Vilalba. Amplía a noticia premendo na foto.

CAMPEONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

O pasado domingo día 12 de Febreiro disputouse en San Miguel de Oia (Vigo) o campeonato provincial de campo a través que organiza a Xunta cunha ampla participación de atletas do colexio e cun notable éxito. Na crónica do noso blog "Poñémonos en forma" tedes a noticia ampliada. 

CAMPEONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

O pasado 12 de Marzo, as nosas atletas da categoría alevín feminino obtiveron como premio á súa entrega a asistencia ao campeonato galego de campo a través, un campeonato reservado aos mellores atletas da nosa comunidade. Esta hazaña é ainda maior tendo en conta que na cita da Estrada éramos o único colexio como tal presente no medio de todos os mellores clubs de atletismo da nosa comunidade. Brillante colofón por parte de María, Carla, Carmen, Amanda, Aroa e Luna a unha primeira parte da tempada que se saldou cun sexto posto por equipos neste campeonato autonómico (anteriormente venceran na fase comarcal e quedaran segundas no provincial). Comeza agora a tempada de pista en donde estas fabulosas atletas e os seus compañeiros intentarán dar o millor de sí. En calquera caso só se lles pide unha cousa, que disfruten co que fan. Aquí tedes un enlace (pinchade na foto) á galería fotográfica desta proba.

Distribuir contido


by Dr. Radut