Skip to Content

FASE PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS PARA CENTROS ESCOLARES 2019

O mércores 12 de Febreiro disputouse en Portas o campionato provincial de campo a través para centros escolares. Despois de vencer en case que todos os cursos na fase comarcal disputada en Novembro, a este provincial acudían máis de 70 rapazas e rapaces do noso cole de segundo a sexto de Primaria. Os nosos atletas disfrutaron enormemente desta xornada deportiva ao marxe de obter uns magníficos resultados:

-A nivel individual:

  • Martina Portela-Segundo de Primaria-2ª
  • Xyan Álvarez-Segundo de Primaria-3º
  • Martiño Domínguez-Terceiro de Primaria-1º
  • Mario Aguín-Terceiro de Primaria-3º
  • Sandra Lamelas-Quinto de Primaria-2ª
  • Marcos Aguiño-Quinto de Primaria-1º
  • Mar Cores-Sexto de Primaria-1ª
  • Noa Novas-Sexto de Primaria-3ª
  • David Benavides-Sexto de Primaria-1º

-Por equipos:

  • Segundo de Primaria:4º
  • Terceiro de Primaria:1º-Campións provinciais
  • Cuarto de Primaria:3º
  • Quinto de Primaria:2º
  • Sexto de Primaria:2º

No ficheiro adxunto  pódense ver os resultados e premendo na imaxe a galería de fotos da proba.

 

 

FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS PARA CENTROS ESCOLARES 2019

Máis de 70 rapaces e rapazas de 2º a 6º de Primaria disfrutaron o Mércores 13 de Novembro dunha xornada de campo a través co resto de colexios da zona do Salnés no circuito da Azucareira, en Portas. Aquí tedes a reportaxe fotográfica desta competición na que o noso cole acadou uns resultados magníficos, conseguindo a victoria por equipos, ademais  de triunfos individuais, na metade de carreiras disputadas, co cal o noso centro estará ampliamente representado no campeonato provincial que se disputará a comezos de 2020. Ao marxe dos resultados, os nosos atletas , e é do que se trata, disfrutaron desta proba, véndose en moitos deles a cara de satisfacción ao cruzar a liña de meta tal como amosan as imaxes.

(premede na imaxe para ver a galería)

LIPDUB POLA PAZ

Este ano quixemos conmemorar o día da PAZ facendo un lipdub que podedes ver no vídeo que vos amosamos. O mesmo relaciona o noso proxecto de centro coa Paz e co mellor sorriso de todos cantos formamos a familia do Valle Inclán. Disfrutade del.

PANXOLIÑAS DE NADAL

Aquí tedes un recital de panxoliñas e cancións de Nadal interpretadas maxistralmente polo noso alumnado. Ciclade no curso correspondente. Son e a disfrutar!.

EDUCACIÓN INFANTIL

PRIMEIRO DE PRIMARIA

SEGUNDO DE PRIMARIA

TERCEIRO DE PRIMARIA

CUARTO DE PRIMARIA

QUINTO DE PRIMARIA

SEXTO DE PRIMARIA 

 

DÍA NON LECTIVO

O vindeiro venres día 2 de Novembro foi elexido polo Centro e aprobado pola Consellería como día non lectivo, polo que non haberá clase.

FONDO SOLIDARIO 3º-4º-5º e 6º de PRIMARIA

Nos documentos adxuntos poden ver a listaxe definitiva de admitidos e excluídos no fondo solidario.

-En todos os cursos só terán que mercar o libro de actividades de Inglés.

-En 4º de primaria adxudícanse 4 libros como máximo xa que en lengua e lingua no vindeiro curso non se empregará o ibro de texto.

-Os libros de préstamo adxudicados entregaranse no colexio os días 4, 5 e 6 de Setembro en horario de 10:00 a 12:00 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut