Celebración do Samaín

   

A historia do Samaín

Para os povos celtas, a noite do 31 de outubro era a útima do ano, pois seguían un calendario diferente o noso
 

Era a "noite de Saman" e, durante unhas horas, as portas do noso mundo abríanse para permitir aos defuntos visitar a súa familia na Terra.

A xente pedía comida polas casas para prepararlles un banquete. Tamén acendían fogueiras para guialos e que puidesen quentarse.   

Maís tarde, estas fogueiras foron substituídas por nabos grandes que se baleiraban e nos que se colocaba unha candea acesa.

Moitos irlandeses (que teñen orixe celta) emigraron a Estados Unidos, levando consigo unha tradición que conservaran durante séculos. Iso si, cambiaron os nabos por cabazas, que lles pareceron máis vistosas e fáciles de decorar.