INICIO DO CURSO 2022-2023

Estimada comunidadade educativa;

Xa estamos a organizar o novo curso escolar, polo que vos indicamos algúns aspectos organizativos a ter en conta.

  • O día 8 de setembro dará comezo a actividade lectiva en horario habitual, de 09:00 a 14:00 horas (o alumnado de educación infantil sairá 5 minutos antes).
  • O servizo de transporte escolar e comedor funcionarán con normalidade.
  • As cancelas do centro abriranse ás 08:55 horas, podendo acceder ao recinto o alumnado e as familias.
  • O alumnado de educación infantil poderá acceder ao recinto pola cancela das escaleiras e pola cancela de corredera, debendo entrar posteriormente no patio cuberto. Sairá pola porta traseira do edificio.
  • O alumnado de 1º e 2º de primaria accederá ao centro pola cancela pequena, e sairá pola porta traseira do edificio.
  • O alumnado de terceiro e cuarto, poderá acceder ao recinto pola cancela das escaleiras e pola cancela de corredera. Sairá pola porta traseira do edificio.
  • O alumnado de 5º e 6º poderá acceder ao recinto pola cancela das escaleiras e pola cancela de corredera. Sairá pola pola cancela pequena.

As reunións de inicio de curso, levaranse a cabo nas aulas de referencia de cada grupo, nas horas e datas que se indican a continuación:

CURSO DATA HORA
4º EDUCACIÓN INFANTIL       6 DE SETEMBRO        17:00      
5º EDUCACIÓN INFANTIL       6 DE SETEMBRO        18:00      
6º EDUCACIÓN INFANTIL       6 DE SETEMBRO        18:00      
1º EDUCACIÓN PRIMARIA       13 DE SETEMBRO       16:15      
2º EDUCACIÓN PRIMARIA       27 DE SETEMBRO       16:15      
3º EDUCACIÓN PRIMARIA       6 DE SETEMBRO        17:00      
4º EDUCACIÓN PRIMARIA       20 DE SETEMBRO       16:30      
5º EDUCACIÓN PRIMARIA       20 DE SETEMBRO       16:30      
6º EDUCACIÓN PRIMARIA       5 DE SETEMBRO        16:30      

 

 Bo curso a todos e todas!