DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este día tan importante para tódalas galegas e galegos adícase este ano a Florencio Delgado Gurriarán, e na súa honra, levamos a cabo varias actividades.

Flores por palabras:

Como se poido observar, no aparcadoiro próximo ao centro, houbo un posto especial no que se trocaban palabras en galego por flores. Agradecemos enormemente a boa acollida que esta proposta tivo... agasalláchedenos con palabras ben bonitas!

Xincana de Florencio:

O xogo non pode faltar! Tódolos cursos participamos dunha xincanana que, respostando a diferentes preguntas coas que demostrabamos o coñecemento que temos de Florencio, iamos conseguindo un código que nos permitiría abrir o tesouro cun pequeno agasallo para cada un/unha de nós... Foi moi divertido e, ademais de aprender unha chea de cousas... pasámolo xenial!

Os camiños de Florencio:

Creamos unha instalación no aparcadoiro con dúas liñas do tempo no que poder coñecer os datos máis relevantes da vida e obra de Gurriarán. Achegádevos a ler e coñecer a Florencio!

Galegas e galegos do mes:

Este mes, especialmente, estivemos demostrando o dominio que temos do galego. Noraboa a todas aquelas persoas que lográchedes ser "Galegas e galegos do mes"!

Agora... todo o mundo a procurar ser "Galegos e galegas do ano"!