FESTA DOS MAIOS

O luns, 9 de maio, Mugardos voltou a recuperar a festa dos Maios impulsada pola asociación cultural Apelón Educación para os centros educativos. Logo de dous anos sen podermos baixar á vila, o alumnado deuse cita no cantón de Cora para a realización dos monumentos vexetais.  O noso alumnado, axudado por alumnado do ciclo formativo de FP Básica do IES de Mugardos, elaboraron os maios que amosamos a continuación. Ademáis, para completar a festa, actuou a cantautora MJ Pérez.