FROITA NA ESCOLA

O CEIP Torre-Illa participa, un curso máis, no programa de distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares financiado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

As "Semanas da Froita" para o curso 2018-2019 serán as seguintes:

- do 14 ao 18 de xaneiro

- do 21 ao 25 de xaneiro

- do 1 ao 5 de abril

- do 8 ao 12 de abril

Repartirase unha peza de froita a todos os alumnos e todas as alumnas que o desexen, polo que se o estiman oportuno, non é necesario que lles envíen a merenda do recreo.

Powered by Drupal - Design by artinet