ANPA

NOTA SERVIZOS DA ANPA 2020/2021

Como xa informamos anteriormente, o pasado 31 de agosto aprobouse en Asamblea Xeral Extraordinaria  que a ANPA do centro siga xestionando para este curso 2020-21  o funcionamento do plan madruga e comedor no colexio, servizos que pensamos son básicos para permitir a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais.

Os servicios aprobados para este curso son: Plan Madruga, Comedor e Ludoteca para os nenos que acudan ao comedor como única actividade de este curso sempre que haxa demanda mínima de 10 nenos.
 
Igual que en anos anteriores as actividades e servizos ofertados teñen bonificación para os socios da ANPA, os restantes usuarios deben abonar o custo por gastos de xestión.
 
IMPORTANTE: O plazo para apuntarse aos servicios ata o 11 de setembro. TODOS OS QUE SEPADES QUE VADES A FACER USO DO MADRUGA OU COMEDOR DEBEREDES ANOTARVOS XA (ainda que empecedes en outubro ou novembro)
 

 

ESTATUTOS DA ANPA

 

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

A directiva ANPA CEIP DA TORRE-CELA convoca a tódol@s soci@s segundo o disposto nos estatutos actuais, a unha

Asamblea extraordinaria o vindeiro Venres 15 de novembro ás 17.00h en primeira convocatoria e ás 17.30h en segunda

convocatoria, tendo como

ÚNICO PUNTO NA ORDE DO DÍA

 

Actualización e Modificación dos Estatutos actuais.

 

(A necesidade de modificación ven dada por un imperativo da Xunta para poder realizar o cambio da

directiva. A proposta de modificación dos estatutos poderase atopar neste enlace Estatutos, e na conserxería

do Centro onde tamén atoparedes os estatutos antiguos para a súa consulta. Calquer comentario recibido dos

asociados respecto a proposta de modificación será debatido na Asamblea e tamén a súa posible incorporación

ao texto definitivo, que se aprobará na Asamblea Extraordinaria).

 

Rogamos máxima asistencia xa que na mesma se aprobarán os novos Estatutos da Asociación.

 

 

Un saúdo para as familias.

 

 

 

 

 

 

 

 

CORREO ANPA

Para calquera dúbida, aclaración ou suxerencia, vos podedes poñer en contacto coa directiva da Asociación na dirección de correo electrónico anpaceiptorrecela@gmail.com . Entre todos podemos facer moitas cousas.

Powered by Drupal - Design by artinet