Skip to Content

A BIBLIOTECA

 

        A biblioteca está situada na planta baixa do colexio e está aberta pola mañá segundo o horario establecido ao comezo de curso. Cada grupo de clase ten un horario onde pode asistir e realizar préstamos/devolucións, formación de usuarios, actividades curriculares ou outras propostas.

                       No recreo poden facer préstamos e devolucións e realizar consultas empregando os recursos ofertados.

                       Polas tardes está aberta todos os días, menos os martes, de 16:00 a 18:00, coincidindo coas actividades extraescolares.

       Os espazos que temos na biblioteca son: Recanto para pequenos lectores, Zona de lectura e consulta, Espazo multimedia con catro ordenadores, Audioteca, Mesa de préstamo e xestión, Espazo de lectura para as familias na entrada do colexio, Expositores de revistas e xornais, de novidades e de libros de interese relacionados con algunha celebración, actividades ou tema a desenvolver situado no corredor e Andeis de producións propias.

      A biblioteca é un recurso de información, divulgación e lecer. Realízanse proxeccións, charlas, encontros con autores, reunións… É un recurso para todas as celebracións, ofertando recursos variados relacionados cos centros de interese de cada conmemoración. Ademais intentamos realacionar todas as actividades complementarias co proxecto común do centro: “O planeta Terra. O noso fogar”.

 

       Outras actividades que se fan dende a biblioteca son: Club de lectura de alumn@s de 5º e 6ª de Primaria, Club de lectura de adultos, Familias que contan, Mochilas viaxeiras e Traballos de investigación en familia.



 

                   

   

    

 

                                          

 

 

 

page | by Dr. Radut